Falla de control e transparencia nos proxectos da Xunta financiados polo FCI

Falla de control e transparencia nos proxectos da Xunta financiados polo FCI

Falla de control e transparencia nos proxectos da Xunta financiados polo FCI

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe a “falla dun plan de execución e dunha estratexia de desenvolvemento artellada, transparente e verificable” dos proxectos financiados a cargo do Fondo de Compensación Interterritorial en Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que sinalou as eivas de xestión destes fondos polo goberno galego.

Rodríguez Rumbo reclamoulle ao goberno galego “un servizo claro e transparente que facilite o traballo dos organismos xestores e que permita xustificar e facer efectivo o cobro” das axudas. Sinalou así a “absoluta falla de claridade e dunha ferramenta absolutamente necesaria para ter coñecemento do nivel de execución e do estado dos proxectos” que permita unha “actividade fiscalizadora en condicións”.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de dificultar o control da xestión duns fondos que supuxeron 44,5 millóns de euros no exercicio 2014 para un total de 17 proxectos que “parecen bastantes, ou a lo menos non son dun importe excesivamente elevado”.

A deputada socialista advertiu das conclusións do informe de fiscalización realizado polo Consello de Contas de Galicia sobre os Fondos de Compensación Interterritorial do exercicio 2014, no que alerta destas eivas na xestión daquelas partidas por parte da Xunta. Neste sentido, sinala a organismos como Augas de Galicia, Igape, Inega ou Portos de Galicia pola falla de transparencia na súa xestión.

Ademais do nivel de transparencia, sinala, “o índice de execución orzamentaria” tamén “semella claramente mellorable”, ao situarse no 37 por cento duns fondos que xa de por si teñen minorado un 75 por cento en só seis anos, dende os 203 millóns de 2008 ata os 44,5 recibidos por Galicia en 2014.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar