Falla de consenso e diálogo na Lei de Asistencia Xurídica

Falla de consenso e diálogo na Lei de Asistencia Xurídica

Falla de consenso e diálogo na Lei de Asistencia Xurídica

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe que a Xunta “teña optado pola imposición” para debater a Lei de Asistencia Xurídica, que “en ningún caso buscou o diálogo nin o consenso á hora de negociala neste Parlamento”. Así o dixo no debate en Comisión do ditame desta norma, que será levado ao Pleno para a súa aprobación definitiva.

Vilán puntualizou que “somos conscientes de que é necesaria a regulación, pero non desta maneira”, que mesmo excluíu aos sindicatos representativos do sector público no proceso de elaboración da nova Lei. Os socialistas abstivéronse na votación dunha norma na que o PP tan só incorporou 2 emendas e transaccionou outras 4 dun total de 24 presentadas polos socialistas galegos.

Dixo que p proxecto de Lei “prima a prestación dos servizos de asistencia xurídica privada” en lugar de convocar novas prazas para garantir o servizo público, abrindo o camiño para “contratar a consultoras ou avogados para facer os traballos da asesoría xurídica Xeral.

Puxo o acento ademais sobre a falla de interese á hora de impulsar o uso do galego na xustiza, en contra do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística, polo que reclamou implicar aos letrados que representan á Xunta a intervir nesta lingua en todos os procedementos procesuais. Ademais, sinalou que a Xunta debe reclamar a redacción en galego dos expedientes e as sentenzas xudiciais.

Sinalou que “Galicia ten dúas linguas, galego e castelán, e polo tanto vostedes deberan implicar aos letrados que representan á Comunidade Autónoma de Galicia no uso da lingua galega en tódolos procedementos procesuais”. Lamentou que o uso do galego na xustiza non acade o 5 por cento, e sinalou que en toda a provincia de Pontevedra tan só unha letrada da Comunidade Autónoma intervén nesta lingua.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar