Falla de colaboración da Xunta na organización do Fórum do Camiño que comeza o domingo

Falla de colaboración da Xunta na organización do Fórum do Camiño que comeza o domingo

Falla de colaboración da Xunta na organización do Fórum do Camiño que comeza o domingo

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, criticou hoxe a “falla de colaboración” do goberno galego no Fórum do Camiño de Santiago –Fairway- que se celebra a partir deste domingo no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Así o dixo nunha pregunta oral presentada hoxe no Pleno do Parlamento.

Pérez Seco lembrou o compromiso asumido polo goberno galego con representantes da organización nunha xuntanza “coa participación dun concelleiro de Santiago pertencente ao PP”. Sinalou que “algo ten este evento que á Xunta de Galicia non lle interesa” logo de ter asegurada a participación “por unha cantidade moi inferior á que aporta a Deputación de A Coruña” nun certame no que tamén colabora o Concello de Santiago.

Avogou por unha “participación activa en tódolos ámbitos que poida por parte da Axencia de turismo de Galicia” en eventos de toda índole, mesmo “que sexan de carácter privado”, como é o caso. Sinalou a importancia deste certame, que contará coa presenza de máis de 30 tour – operadores de 14 países distintos, e que contará con representación de sete comunidades autónomas e dos concellos polos que discorren os distintos camiños.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar