Falla de apoio dos gobernos central e autonómico á recuperación de Fandicosta

Falla de apoio dos gobernos central e autonómico á recuperación de Fandicosta

Falla de apoio dos gobernos central e autonómico á recuperación de Fandicosta

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe a falla de resposta e apoio concreto por parte dos gobernos central e autonómico para a recuperación da actividade da conserveira Fandicosta, vítima dun incendio hai agora un mes. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria, na que alertou da delicada posición da empresa no mercado da conserva.

Losada comparou o lume das instalacións de Moaña co incendio que afectou ás instalacións de Campofrío en Burgos en 2014. Daquela o goberno autonómico se puxo á cabeza das reclamacións de axudas ao goberno central, conseguindo en dúas semanas o compromiso para financiar do 75 por cento da reconstrución.

No caso da empresa localizada na Ría de Vigo, ata o día de hoxe, catro semanas despois, descoñécese ningunha xestión do goberno galego co Executivo en funcións. Máis alá de xuntanzas cos representantes da empresa, a Xunta tan só anunciou un préstamo de 3 millóns de euros a través de Xesgalicia, e todo iso sen explicar as condicións financeiras.

Losada sinala que a que é a sétima conserveira a nivel estatal merece o respaldo do Goberno galego máis alá de realizar visitas ás cinzas do lume, debido ao nivel de competitividade do mercado da conserva, onde resulta “moi complicado recuperar posicións”, e a un mercado laboral suxeito a unha elevada eventualidade.

O responsable socialista valorou a resposta da empresa no sentido de ofrecer un esforzo por minimizar o impacto do sinistro sobre a situación dos seus traballadores, que lamentablemente non tivo reflexo no apoio financeiro dos Executivos central e autonómico.

Resposta incapacitante

Abel Losada sinalou que o propio PP ten recoñecido neste último Pleno, con dúas semanas de retraso, que a xestión das emerxencias foi “incapacitante”, como evidencia o apoio a unha moción no Pleno desta semana recoñecendo as eivas no sistema de emerxencias.

O responsable socialista sinalou que o incendio evidenciou que o Goberno galego “prioriza aos bombeiros privados tratando de impedir a participación dos públicos de Vigo e Pontevedra”, e lembrou que o vicepresidente do Goberno galego “mesmo deu a sensación de que quería responsabilizar ao alcalde de Vigo” na resposta a unha pregunta socialista hai tres semanas no Parlamento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar