Falla de apoio do goberno galego para a regularización de núcleos costeiros

Falla de apoio do goberno galego para a regularización de núcleos costeiros

Falla de apoio do goberno galego para a regularización de núcleos costeiros

urbanismo concellosO portavoz de Política Territorial do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, advertiu hoxe que os concellos galegos afectados pola Lei de Costas “necesitan un apoio moito mais intenso e específico polo goberno galego” para regularizar os núcleos costeiros afectados por esta norma. O responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión pola situación das 12.500 vivendas pendentes de regularización no momento da entrada en vigor da norma, hai dous anos.

O responsable socialista criticou o “gran engano” cometido polo goberno coa modificación da Lei de Costas, xa que “mentres falaban de regularizar 12.500 vivendas, 8.000 delas nun primeiro momento, e de 255 núcleos, nun procedemento relativamente sinxelo, a realidade é que nin sequera chegaron ao dez por cento do total de núcleos e vivendas comprometidos”.

Advertiu do “esforzo extraordinario” por parte dos concellos, que por mor dunha modificación da norma, deben constatar tanto a consolidación dos núcleos como a disposición de servizos básicos dende o ano 1988, co que “moitos deles que daquela non tiñan servizos hoxe si que os teñen, e para moitos outros é moi difícil de xustificar”.

Sinalou o caso de concellos como O Grove, Vilanova ou A Illa de Arousa, que están a ver cómo non teñen ningún núcleo costeiro recoñecido, co que “temos un problema moi serio”, derivados da aplicación desta Lei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar