Falal de respecto institucional, escusas e chantaxe da Xunta na exclusión de Vilaboa do Plan Metropolitano de Vigo

Falal de respecto institucional, escusas e chantaxe da Xunta na exclusión de Vilaboa do Plan Metropolitano de Vigo

A deputada socialista Carmen Gallego denunciou hoxe a “mostra de falla de respecto institucional, escusas e chantaxe á cidadanía” que supón a exclusión de Vilaboa do Plan Metropolitano de Vigo. A deputada do Morrazo preguntou en Comisión pola decisión da Xunta de que o único concello da Ría apartado do Plan estea precisamente gobernado polo PSdeG.

Gallego criticou que o goberno galego leva evitando responder tanto ás preguntas do Grupo Socialista como ás solicitudes remitidas por escrito dende o Concello dende hai mais de un ano. Criticou que o goberno teña presentado hoxe a “escusa de que ten que facer estudos dos tráficos no Concello” para agochar que “excluíron a Vilaboa porque quixeron”.

Acusou á Xunta de “intentar chantaxear á cidadanía representada nos concellos impoñendo condicións para entrar nun determinado transporte que non sabemos cánto lle vai custar aos gobernos locais”.

A deputada socialista esixiulle ao goberno galego que “como mínimo pida desculpas ao Concello de Vilaboa”, logo de constatar a presenza de tódolos demais concellos da Ría e da Área Metropolitana. Mesmo, constatou, os plans de transporte de Lugo, Santiago, A Coruña e Ferrol incluíron a concellos que non estaban nas áreas, polo que “non hai escusa da Xunta” para excluír neste caso a Vilaboa.

Lembrou a importancia de formar parte da área para unha poboación, nomeadamente a que reside nas parroquias de Santa Cristina, San Adrián e Vilaboa, que dependen económica e socialmente de Vigo, onde a maior parte deles teñen os seus traballos. Esta cidadanía depende case en exclusiva da conexión a través de Rande –liberalizada por un goberno socialista- polo que necesitan figurar no transporte metropolitano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar