Extraordinaria urxencia para paralizar a Lomce e resolver a reválida de 2º de Bacharelato

Extraordinaria urxencia para paralizar a Lomce e resolver a reválida de 2º de Bacharelato

Extraordinaria urxencia para paralizar a Lomce e resolver a reválida de 2º de Bacharelato

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe da “extraordinaria urxencia” para a paralización da Lomce e resolver a situación dos alumnos de segundo de Bacharelato. Antes dun encontro coa Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, sinalou que aqueles alumnos a día de hoxe non saben de qué materias se examinarán na súa reválida, cómo serán os exames nin o seu acceso á Universidade.

O responsable socialista urxiu á paralización dunha Lei feita polo PP “de forma absolutista” como paso previo á súa derrogación e á elaboración dunha nova norma de consenso. Sinalou a situación imposible das reválidas impostas por unha norma apoiada unicamente polo PP.

Esta soidade do partido que sustenta ao goberno, e a súa situación minoritaria no Congreso dos Deputados, convencen ao parlamentario socialista de que a norma “non vai fraguar, será derrogada”. Trátase, remachou, dunha norma elaborada “sen consenso nin razón” e mesmo coa oposición interna de “voces dentro do propio PP”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar