Expresan a súa solidariedade co PP de Meis

Expresan a súa solidariedade co PP de Meis

Expresan a súa solidariedade co PP de Meis

A Secretaria Executiva de Dereitos e Liberdades da Executiva Nacional do PSdeG-PSOE, Marta Giráldez, trasladou a solidaridade da dirección e da militancia dos socialistas galegos ó Partido Popular de Meis, que foron hoxe obxectivo dunha tentativa de atentado.

A dirixente socialista, portavoz socialista neste concello, mantivo contacto co Goberno Local con quen comparte a “sorpresa polo acontecido” e a “satisfacción” porque se puideran evitar perdas humanas ou materiais.

Marta Giráldez expresou en nome dos Socialistas de Galicia “a nosa máis fonda repulsa e condena dos violentos” aos que recordou que calquera acto de violencia resulta “estéril”, porque “atoparán en fronte a unidade de todos os galegos e todas as galegas”.

A responsable de Dereitos e Liberdades da Executiva socialista felicitou tamén ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pola súa contribución a que os violentos non acadaran o seu obxectivo de destrución.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar