Expertos das tres universidades galegas se incorporan ao grupo de traballo de economía dos Socialistas Galegos

Expertos das tres universidades galegas se incorporan ao grupo de traballo de economía dos Socialistas Galegos

Expertos das tres universidades galegas se incorporan ao grupo de traballo de economía dos Socialistas Galegos

Pachi Vázquez doulles a coñecer o Pacto polo Crecemento e elaboraron un calendario para a debater e incorporar ás súas achegas a este documento

O grupo de traballo complétase coa participación dos responsables da área de Economía e Industria da Executiva e do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE e encargarase de elaborar propostas e saídas viables a esta crise

O líder dos socialistas galegos esixe a Feijóo que “se deixe axudar” e faga un esforzo para buscar un acordo con sindicatos, empresarios e partidos políticos para elaborar unha proposta de financiamento autonómico

Economistas das tres universidades galegas se sumaron hoxe ao Grupo de Economía e Industria dos Socialistas Galegos que traballa no Pacto polo Crecemento e o Emprego e na elaboración das propostas que o PSdeG-PSOE incorporará ó seu programa electoral nos próximos comicios autonómicos.

O Grupo de Traballo de Economía e Industria do PSdeG a forman responsables institucionais e orgánicos deste área, e irá incorporando a expertos universitarios, de organismos privados, de empresas e de sindicatos. Na reunión de hoxe participaron os expertos en Economía Santiago Lago Peñas e Baltasar Manzano, da Universidade de Vigo; Venancio Salcines, da Universidade da Coruña e José Ramón Silva, da Univerisdade de Santiago. A estes profesores habería que sumar o tamén economísta Casto Varela, ex directivo do IGAPE.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, doulles a coñecer o Pacto polo Crecemento e elaboraron un calendario para a debater e incorporar ás súas achegas a este documento socialista, que Pachi Vázquez espera ter rematado e listo para que vexa a luz o mes que ven.

En roldade prensa posterior a este encontro, Vázquez esixiu a Núñez Feijóo que “nos escoite e se deixe axudar”. Instou ao presidente galego a facer “un esforzo para buscar un acordo con sindicatos, empresarios e partidos políticos para poñer enriba da mesa unha proposta de financiamento autonómico para Galicia”.

Galicia está a ter os peores datos de recesión económica, de paro, e “hoxe tamén é un día sinalado”, explica Pachi Vázquez, todo apunta a que as necesidades do sistema financeiro galego, son de “proporcións importantísimas”, dixo en referencia aos 7.000 millóns de euros en que cifraba onte NGB as súas necesidades que ó que se vai coñecendo das auditorías a nivel estatal, que parecen corroborar estas previsións, aínda que non se afondara en datos pormenorizados por entidades.

Mentres isto sucede, o presidente galego, acusa Pachi Vázquez, “sigue desaparecido”. Fronte á “rendición” do Goberno galego, Pachi Vázquez seguirá apostando por un Sistema Financeiro Galego propio, de titularidade pública.

Acusa a Feijóo de negarse a falar de como reactivar a economía galega. Un presidente “ao que nunca lle escoitarían da súa boca saír a palabra crecemento”, recrimina Pachi Vázquez ao xefe do Executivo autonómico, ó que atribuíu o apelativo de “apóstolo dos recortes”.

Tampouco se sae da crise “apertando” cada vez máis o investimento en I+D+i, apunta o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. Contrasta Vázquez o investimento do 2% do PIB en Euskadi co de Galicia, que non chega aos 1%.

Adianta que os socialistas, xunto cos expertos cos que se reunía hoxe en Santiago, seguiran “elaborando propostas” que digan que “hai saídas viables a esta crise”. Solucións que confirmen á sociedade que se pode impulsar a creación de emprego, que é posible incrementar a os niveis de fiscalidade cun modelo de xustiza redistributiva a “para que paguen a crise os que máis teñen”, e non á inversa.

Non pode seguir agochándose en medias verdades. Non pode volver a colocarnos o conselleiro de Industria para anunciar postos de traballo no naval, “porque aínda estamos esperando polos 14.000 empregos do Plan Eólico”. Tres anos despois cero empregos, o mesmo que ocorreu coas promesas de 3.000 empregos na agricultura, os 1.000 empregos da implantación da fábrica de baterías de Mitsubishi ou os outros 1.000 empregos que deberan crearse da fabricación de coches eléctricos en Ourense .

Pachi Vázquez pediulle a Feijóo que deixe de vender espectativas e pecharlle as portas ás realidades. Fai falla “un sistema financeiro galego público xa, e un Instituto Público Galego de Finanzas para que inxecte crédito nas PEMES”, afirma o líder dos socialistas galegos que insistiu en que Galicia debe aplicar “unha nova fiscalidade en Galicia, á banca, medioambiental, ás grandes fortunas... e reconverter todo iso á creación de emprego”, propuxo en contraposición ós recortes adoptados polo Goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar