"Exercicio de irresponsabilidade" de Feijóo ao dicir que España está "ao borde do abismo"

"Exercicio de irresponsabilidade" de Feijóo ao dicir que España está "ao borde do abismo"

"Exercicio de irresponsabilidade" de Feijóo ao dicir que España está "ao borde do abismo"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou hoxe o “exercicio de irresponsabilidade política” de Feijóo ao situar hoxe a España “ao borde do precipicio”. Así o dixo no debate dunha interpelación socialista para reclamarlle á Xunta uns novos orzamentos adaptados ao novo escenario macroeconómico polos recortes de Rajoy.

A responsable socialista replicoulle hoxe ao presidente da Xunta, que na sesión de control desta mañá dixo que a situación económica do Estado era crítica, o que criticou por ir “radicalmente en contra da necesidade de xerar confianza, que os investimentos cheguen a Galicia, que a xente recupere a confianza para comprar e reactivar a economía.

Caride reclamoulle ao presidente da Xunta que “en lugar de amosarse tan ufano pase a preocuparse por unha vez dos problemas dos galegos e das galegas” logo de presentar unha xestión económica “claramente fracasada” como evidencian os mais de 276.000 parados e paradas de Galicia.

Lembrou así a receita do propio Feijóo, quen na pasada lexislatura sinalaba que o éxito da política económica “mídese cos datos do INEM”, que de aplicarse ao actual goberno evidenciaría o seu mais absoluto fracaso.

A responsable socialista presentou hoxe unha Interpelación para que o Goberno galego explique o impacto que terán en Galicia os 10.000 millóns de euros de recortes en sanidade e educación anunciados polo Goberno de Feijóo. Así mesmo os socialistas esixen á Xunta que reformule uns orzamentos para 2012 feitos con previsión de crecemento e contención do paro cando hoxe “todo anticipa recesión económica e que o paro se sitúe por riba dos 300.000 desempregados”.

Acusou ao goberno galego de “tirar a toalla” e deixar aos galegos e galegas “ao albur dos mercados”, mentres o presidente da Xunta “dedícase a traballar como tertuliano nos medios”.

Criticou a inacción da Xunta mentres anuncian que o desemprego vai medrar un 4 por cento en Galicia, mentres as mellores previsións auguran un decrecemento da economía galega do 1,5 por cento. Esixiu “un pouquiño de sentido común” para reactivar a economía e impulsar as políticas activas de emprego que Feijóo está a recortar.

Caride explicou que os orzamentos aprobados pola Xunta en decembro “xa non serven” logo dos recortes drásticos nos orzamentos anunciados polo goberno central logo das eleccións andaluzas e da nova redución nos servizos públicos anunciada esta semana por Rajoy. Reclamou “medidas de reactivación económica e recursos para garantir os servizos públicos nun horizonte de incremento de parados e de precariedade laboral”.

Explicou que o empeoramento da situación económica dos galegos e das galegas suporá unha contracción da demanda interna, con menos circulación do capital, nunha situación de perda constante de impulso económico fronte a España. Así, lembrou que mentres en 2008 a economía galega crecía un 0,8 mais que a estatal, en 2011 xa se situaba un 0,4 por cento por debaixo.

A situación é semellante no tocante ás taxas de paro, que dende a chegada de Feijóo á Xunta medraron un 50 por cento fronte ao 31 por cento do resto do Estado. Galicia perde paulatinamente o seu diferencial económico con respecto á media nacional tamén neste aspecto, xa que a taxas de desemprego estaba en 2009 nun 12 por cento, un 5,3 por cento menos que a media nacional, hoxe esa distancia diminuíu ata o 4,5, acadando o desemprego galego o 18,3 por cento da poboación activa.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar