Exención de taxas xudiciais para as ONGs ambientais

Exención de taxas xudiciais para as ONGs ambientais

Exención de taxas xudiciais para as ONGs ambientais

A portavoz de Xustiza e Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego que lle demande ao Executivo central a exclusión de taxas xudiciais para as ONG ambientais. A responsable socialista denunciou o “entorpecemento inxustificado” do exercicio do dereito á xustiza para este tipo de asociacións.

Vilán advirte que o encarecemento das taxas para procedementos contra proxectos que impliquen graves impactos ambientais “fai imposible o inicio deste tipo de procesos” e vai contra do convenio internacional de Aarhus, ratificado por España, para garantir o acceso á xustiza “de forma rápida, gratuíta e pouco onerosa”. Puxo como exemplo o caso do Prestige, no que moitas asociacións renunciaron a denunciar polos elevados custes.

Sinalou que este mesmo verán, a comezos de xullo, foron as asociacións Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/Birdlife e WWF os que lle reclamaron á ministra de Medio Ambiente que cumprira o compromiso do PP de incluír ás ONG ambientais dentro dos suxeitos con dereito á xustiza gratuíta.

Lamentou que o propio PP votara na Cámara autonómica en contra dunha iniciativa no sentido de reclamar o compromiso “que xa fixeran os ministros Miguel Arias Cañete e Alberto Ruiz Gallardón, e que o propio PP o incluíra no seu programa electoral”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar