"Estupidez sanitaria" do goberno ao excluír a vacina da meninxite B do calendario e impedir a súa venda en farmacias

"Estupidez sanitaria" do goberno ao excluír a vacina da meninxite B do calendario e impedir a súa venda en farmacias

"Estupidez sanitaria" do goberno ao excluír a vacina da meninxite B do calendario e impedir a súa venda en farmacias

O coportavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, tildou hoxe de “estupidez sanitaria” que os gobernos central e autonómico impidan que as farmacias vendan a vacina da meninxite tipo B, unha enfermidade mortal que afecta principalmente á poboación infantil de 2 a 3 anos. Presentou unha iniciativa para reclamar a incorporación da vacina ao calendario sanitario, tal e como recomendan tódalas organizacións pediátricas.

O responsable socialista advertiu que España é o país da UE con maior incidencia, e Galicia, xunto con Cantabria e Ceuta, a rexión de España con maior incidencia desta enfermidade potencialmente mortal. A vacina foi autorizada o 13 de agosto de 2014 polo Ministerio de Sanidade, pero só se administra na farmacia hospitalaria en casos con graves deficiencias inmunolóxicas.

Cada ano, dixo, hai 20 rapaces e rapazas galegos afectados, dos cales 2 morren e outros 6 sobreviven con secuelas graves, e lembrou o recente falecemento dun rapaz en Baiona e o contaxio doutro en Santiago de Compostela. E iso sen ter en conta un brote da enfermidade como os que sufriu Galicia nos anos 80, con consecuencias realmente dramáticas entre a poboación infantil.

Por iso, dixo, resulta “incomprensible, temerario e inxusto que non esteamos vacinando á poboación infantil do meningococo tipo B”, e que “non hai un só criterio para non vender nas farmacias” o Bexsero. Esta supón un custe de 74 euros por dúas ou tres doses, que para 20.000 nenos e nenas galegos suporía entre 3 e 4 millóns ao ano do total de 3.200 que xestiona a sanidade pública.

“Non é de recibo, non hai un só criterio científico que recomende non ter a vacina nas farmacias ou que impida poñela no calendario”, nin tan sequera de tipo economicista, por canto o tratamento dun rapaz con secuelas supón un custe de 1,2 millóns de euros ao longo da súa vida. Comparou a situación coa da hepatite C, enfermidade mortal cunha vacina aprobada que non está a ser aplicada pola sanidade pública.

Situación ridícula

Vázquez considerou “claramente ridícula” a situación das familias que, preocupadas pola enfermidade pregúntanlle aos pediatras, que recomendan aplicar as vacinas atendendo ás conclusións das asociacións de pediatría. Sen embargo resulta imposible adquirir as doses nas farmacias galegas, o que provoca que se dirixan a Portugal, onde si que poden comprar a vacina de forma legal en calquera farmacia.

O responsable socialista instou ao goberno galego a frear en seco a onda de ansiedade que está a levar aos pais e nais galegos ás farmacias do país veciño a adquirir a vacina “de estraperlo”, sen control sobre a conservación e aplicación da mesma.

Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei na que lle reclaman á Xunta “adoptar as medidas oportunas para incluír no calendario vacinal obrigatorio a vacina contra a meninxite tipo B, e “mentres isto non ocorre, habilitar ás farmacias galegas para que dispensen esta vacina, como sucede practicamente nas farmacias de toda Europa.

Finalmente solicitan “informar a toda a poboación destas medidas, ao obxecto de cortar o lamentable peregrinase a Portugal das familias para conseguir unha vacina que debemos dispensar en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar