Estratexia integral para recuperar aos mozos e mozas emigrantes

Estratexia integral para recuperar aos mozos e mozas emigrantes

Estratexia integral para recuperar aos mozos e mozas emigrantes

O portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe á Xunta unha Estratexia Integral 2017 – 2020 para os galegos retornados, que inclúa políticas dirixidas a recuperar á poboación moza emigrada. Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei neste sentido no Pleno do Parlamento de hoxe, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista criticou a “falla de apoio e sensibilidade” con estas persoas que demostra o goberno galego, tal e como están a denunciar reiteradamente as plataformas e asociacións que agrupan e defenden os seus dereitos. Díaz Villoslada insiste en que “non son cidadáns galegos de segunda, nin fiscal, nin sanitaria, nin socialmente, son suxeitos de deberes pero tamén de plenos dereitos”.

Reclamou así unhas políticas coordinadas e dotadas da eficacia necesaria “para que o feito de emigrar, xa de por si unha carga, non supoña un menoscabo dos seus dereitos cidadáns”. Lembra que a contribución das persoas emigradas “axudaría a reverter a caída demográfica” que padece Galicia, mentres “o escenario que se lles ofrece por parte dos gobernos central e autonómico non permite pensar no retorno”.

O parlamentario socialista fixo un relatorio das trabas que atopan os emigrantes retornados, sometidos á regularización retroactiva no IRPF das pensións dos seus países de acollida, recortes de dereito de asistencia sanitaria, ou problemas de acceso a residencias.

A estes problemas súmase o desleixo do goberno á hora de reclamar as pensións que están a percibir os retornados de Venezuela, ou á hora de devolver as taxas indebidamente cobradas aos mariñeiros galegos embarcados en mercantes noruegos entre os anos 60 e 90.

Mozos

Sinalou que “se pretendemos que retornen os mozos que nestes anos de crise teñen conformado unha nova vaga de emigración, as políticas que se desenvolvan teñen non só que garantir unha equiparación de dereitos, senón ofertar verdadeiras oportunidades de emprego, vivenda e sanidade”.

Díaz Villoslada apuntou que as emendas presentadas polos socialistas galegos aos orzamentos autonómicos de 2017 buscan incrementar os programas de Emigración en máis de 4,5 millóns de euros adicionais. Esta partida permitiría “fortalecer as políticas de axuda ante situacións de desprotección, emprego e autoemprego e, con especial intensidade, retorno e captación do talento emigrado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar