Estratexia fallida para a recuperación económica nos Orzamentos da Xunta

Estratexia fallida para a recuperación económica nos Orzamentos da Xunta

Estratexia fallida para a recuperación económica nos Orzamentos da Xunta

Abel-LosadaOs orzamentos da Consellería de Economía, Traballo e Industria persisten no erro. Esta foi a conclusión, para o portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, da comparecencia do conselleiro para presentar as contas para o ano 2016, nas que desbota un aparente incremento orzamentario para impulsar o crecemento económico e a creación de emprego.

Esta “estratexia fallida para a recuperación económica”, como a bautizou Losada, evidencia unha “perigosa falla de estratexia e de proxecto coordinado” e centra os seus esforzos na elaboración duns “Plans Estratéxicos con grandes doses de publicidade e propaganda e pouca realidade”. Uns orzamentos, dixo, que “repiten triquiñuelas formais” para agochar unha redución de 165 millóns dende os 364,6 de 2010 aos pouco mais de 200 previstos para 2016.

A consecuencia é que Galicia “medra menos da metade que o conxunto de España” mentres o goberno galego adopta unha posición “meramente contemplativa”, cun orzamento que esquece as necesidades da industria galega, reduce á anécdota aos novos parques eólicos e os plans industriais asociados e castiga ás enerxías renovables.

Emprego

Losada denunciou que “as políticas que están a desenvolver os gobernos de Galicia e España seguen camiñando cara un proceso de devaluación interna que está levando a unha forte caída dos salarios, a un descenso da participación das rendas salariais no PIB e a unha perda de calidade no emprego que non se pode negar”.

Sinalou que Galicia ten, de acordo cos datos da EPA do III trimestre de 2015, 60.100 persoas máis desempregadas, e 129.500 persoas ocupadas menos que cando Feijóo tomou posesión en 2009. Neste contexto, o orzamento da Xunta para emprego só acada os 209,9 millóns de euros, menos da metade dos 421 millóns do orzamento de 2009.

Losada denunciou que “con máis parados e menos ocupados, se destina menos orzamento á loita contra o desemprego”, con 850 euros por parado, fronte aos 2.500 de 2009, unha redución de dúas terceiras partes.

Subliñou neste sentido a redución dos programas de Promoción de Emprego, reducido á metade dende 2009, Fomento da empregabilidade, un 56 por cento menos, Fomento do emprego, tamén reducido á metade, e Mellora da cualificación no emprego, cunha redución do 80 por cento. Estas políticas, concluíu, “mostran a absoluta carencia dunha estratexia de apoio ao emprego estable e de calidade como vía máis axeitada para saír da crise económica.

Organismos autónomos

Estes orzamentos, dixo, “si que son inequivocamente expansivos á hora de amparar 18 organismos autónomos e o seu conseguinte exército de directivos con salarios de director ou subdirector xeral”. O exemplo paradigmático desta situación é precisamente o Igape, que mantén tódolos seus dirixentes mentres rexistra un incremento orzamentario centrado en activo financeiros e reduce as transferencias nun 15 por cento.

As contas revelan unha “minguante e cativa aposta pola investigación e a innovación”, que mantén a Galicia a niveis de Ucraína ou Turquía a pesares dun incremento relativo das partidas da Axencia Galega de Innovación. Mentres, a chamada Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 “carece da mais mínima posibilidade de acadar resultados satisfactorios” mentres Galicia destine a I+D tan só o 0,86 por cento do PIB.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar