A estratexia de autónomos da Xunta, condenada ao fracaso

A estratexia de autónomos da Xunta, condenada ao fracaso

A estratexia de autónomos da Xunta, condenada ao fracaso

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, considera que a Estratexia de Autónomos 2020 presentada hoxe no Parlamento polo Conselleiro de Economía está “condenada ao fracaso”. O responsable socialista advertiu que a proposta do Executivo resulta “inxusta e pouco precisa”, ademais de deixar sen atender os problemas de precariedade e falla de formación no sector.

“Nin unha mala palabra, nin un bo feito”, así resumiu este Plan “carente de ideas en relación co emprendemento que vaia máis alá de desregular”, unha estratexia que precisamente, lembrou, está no cerne da crise económica.

Losada criticou que tan só ofrezan unha “batería de medidas con escasa discriminación funcional”, esquecendo as diferentes condicións dentro dos propios autónomos, o que se traduce en “tratar igual aos desiguais xerando inxustizas”. Reclamou “darlle unha volta” a unha programación que polo demais resulta “pouco precisa”, e que “solucionando os problemas dunha parte dos autónomos provócalle problemas a outros”.

Advertiu ademais que deixa sen afrontar o problema dos “falsos autónomos” e dos empresarios que utilizan esta figura para reducir custes laborais, a situación das subcontratas, que empeoran as condicións laborais dos traballadores, e da falla de formación entre estes traballadores.

Autocompracencia

Abel Losada censurou o discurso “autocompracente” do goberno galego, que “gábase do elevado número de autónomos en Galicia -1 de cada 5 traballadores-. Considera esta correlación “pouco afortunada” cando precisamente os países coas economías máis débiles son os que teñen máis autónomos, como o caso de Grecia, Italia e Polonia, e os que teñen menos son Suecia, Dinamarca ou Alemaña.

Advertiu ademais que o 80 por cento destes traballadores non teñen asalariados, senón que son autónomos individuais, o que limita considerablemente o seu impacto na economía autonómica, e o 80 por cento non duran máis de 10 anos nesa situación, unha expectativa “ben baixa” e que fala da difícil situación laboral que viven.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar