Estrangulamento e parálise do Consello Galego da Competencia

Estrangulamento e parálise do Consello Galego da Competencia

Estrangulamento e parálise do Consello Galego da Competencia

O deputado socialista José Luis Méndez Romeu denunciou hoxe o estrangulamento orzamentario do Consello Galego de Competencia, ao que Feijóo reduciulle o seu orzamento nun 70 por cento dende 2008, ao tempo que ten a súa reordenación e transformación nun órgano colexiado paralizada dende hai 2 anos e medio.

Na comparecencia do director do ente en Comisión parlamentaria, o responsable socialista dixo que a situación deste órgano provoca “serias dúbidas sobre o feito de que a política de competencia sexa minimamente importante para o goberno galego”. Desta maneira, “algunhas das actividades ordenadas por Lei simplemente non se poden realizar”, como é o caso do control das axudas públicas concedidas en 2015.

Méndez Romeu advertiu ademais do desleixo do ente á hora de estudar as condicións impostas nas contratacións da Xunta, que afectan directamente á competencia impoñendo requisitos disuasorios e criterios sesgados e restritivos. É o caso, explicou, da recente contratación do servizo de ambulancias sanitarias, ou da imposición de megacontratos no sector hospitalario que impiden a participación de axentes galegos.

O Consello Galego da Competencia tampouco deu a súa opinión, advertiu, sobre o abuso nas encomendas de xestión do goberno galego a entes propios “desprezando o coñecemento acumulado das consultorías de enxeñería galegas”. A Xunta, sinalou, pasou de destinarlle 13 ata 25 millóns de euros ás encomendas a entes propios.

Advertiu que tampouco amosaron curiosidade por analizar o fenómeno das plataformas colaborativas de transporte de viaxeiros ou apartamentos turísticos, un modelo en auxe a debate en todo o mundo que está a acadar solucións que respectan aos consumidores e promoven que os particulares poidan participar como operadores económicos ás que Galicia e allea.

Méndez Romeu puntualizou que mentres os organismos irmáns do Consello Galego da Competencia en outras comunidades autónomas teñen unha actividade dirixida a defender aos consumidores “mesmo con iniciativas que redundan en sancións ás propias administracións”, o ente galego permanece impasible.

O deputado socialista amosou a súa alarma pola falla de informe do consello na propia Lei de Protección dos Consumidores ou a Lei de Montes en 2012, ou as leis de horarios comerciais, de infraestruturas das telecomunicacións, do taxi e mesmo do emprendemento e competitividade en 2013.

No ano 2014 tampouco participou na Lei de aproveitamento eólico, do solo ou de mobilidade de terras agrarias, e en 2015 tampouco informaron sobre a Lei de transporte de viaxeiros.

jacobo

Deixar a resposta

Pechar