Estiman que máis de 35.000 galegos quedarán este ano sen políticas de emprego polo recorte do PP

Estiman que máis de 35.000 galegos quedarán este ano sen políticas de emprego polo recorte do PP

Estiman que máis de 35.000 galegos quedarán este ano sen políticas de emprego polo recorte do PP

O Secretario de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Enrique Negueruela, cifrou o tesoirazo en políticas activas de emprego para Galicia en un 57%. O Estado destinará en 2012 106,6 M€, mentres que en 2011 se percibiran 246,3M€

Negueruela acusa ao PP de empregar o paro para facer chantaxe á sociedade, meternos medos e dedicarse ao que realmente lle preocupa: desmantelar o estado de benestar

O Secretario de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Enrique Negueruela, ven de denunciar que, en lugar dos 247,3 M€ que recibiu Galicia para políticas activas de emprego o ano pasado e o Goberno Feijóo esperaba para este ano, o Consello de Ministros de onte reducía drasticamente esta cantidade ata os 106,6M€. Unha diminución do 57% en termos porcentuais.

Este recorte, apunta o dirixente socialista, supón que en vez dos 74.704 beneficiarios de políticas de emprego que puido haber en 2011, en 2012 soamente haxa 39.327. Non só deixa na metade os usuarios que se poden beneficiar das políticas activas de emprego. Hai que ter en conta, que “con 35.646 parados mais que en 2011, hai 35.377 beneficiarios de políticas activas menos”, destaca o socialista.

Enrique Negueruela acusa ao PP de “empregar o paro para facer chantaxe á sociedade, meternos medos e dedicarse ao que realmente lle preocupa: desmantelar o estado de benestar”. “Para que en vez de ter unha sanidade pública teñamos unha Sanidade que dea beneficios a uns poucos, para que en vez de ter unha Educación e unha Universidade para todos, haxa unha Universidade para uns cuantos”, sentenciou.

GRAVES RECORTES PARA A CREACIÓN DE EMPREGO

Dentro dos graves recortes realizados os socialistas salientan a contratación de desempregados para a que soamente se reciben fondos para 16 persoas das 5.982 que aparecen como obxectivos orzamentario. En vez dos 42,4 millóns de euros de 2011, destínanse 115 mil, un 99,7% de diminución.

Redúcese en dúas terceiras partes, o investimento en formación de traballadores ocupados: o seu orzamento pasa de 22,2 millóns a 8,2 millóns. Os obradoiros de emprego redúcenos á metade, os 1.600 alumnos traballadores quedarán soamente en 789, pola redución dos 37,6 millóns de 2011 a 18,6 neste reparto.

A pesares de que tanto a Rajoy como a Feijóo se lles “enche a boca co emprendemento”, Negueruela recrimina aos mandatarios populares que suprimiran un de cada dous euros que se destinaron en 2011: 1.578 demandantes quedarán se axuda para o seu establecemento como autónomos, a metade dos 3.251 que aparecen nos Orzamentos como obxectivo. En vez dos 8 millóns de 2011, en 2012 hai 4,1 millóns. Este é o impulso do PP ao emprendemento.

No emprego para os colectivos con especiais dificultades “tampouco lle trema o pulso” reprocha Negueruela. De cada tres euros de 2011, en 2012 quita un. Non importa que este colectivo estea a padecer especialmente a crise económica: en vez de medidas para 1.827 haberá soamente para 1.272. 555 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión sufrirán o recorte de 5,6 millóns de euros e quedarán sen emprego.

Para traballar nesta situación de forte incremento do paro, perdéronse no conxunto do estado mais de 700 mil postos de traballo, redúcese de xeito drástico o persoal para definir as políticas de emprego dos concellos, dos 394 previstos nos orzamentos, soamente a Conferencia da diñeiro para a contratación de 14 axentes de emprego; diminúe os 12,4 millóns a soamente 436 mil euros.

A orientación dos demandantes recibe dous golpes: dunha banda se eliminan os 109 promotores que están nas Oficinas de emprego e, doutra, na rede externa que dicía a Directora Xeral que serviría para manter o servizo de orientación, quedan 4 de cada dez que se financiaban en 2011. Diminúe o orzamento de 11 a 4,4 millóns de euros.

Por último había unha partida que en 2011 foi de 25,5 millóns de euros para que a Xunta puidera destinar a reforzar aquelas políticas concretas que considerara prioritarias. En 2012 ese reforzo queda soamente en 482 mil euros, diminuíndoa nun 98%.

Para Negueruela, Rajoy e Feijóo actúan en materia de políticas activas “como se estivésemos en situación de pleno emprego non camiñando cara a destrución de un millóns de postos de traballo, que é o horizonte que estableceu a estratexia deste Goberno”. Acusa a Rajoy de copiar a estratexia implantada por Feijóo de eliminar todos os fondos procedentes de impostos, quedando reducidos a aqueles que teñen a obriga de cofinanciar.

“Se a situación fora outra sería difícil de explicar, na situación actual parece unha provocación ao conxunto da sociedade e, sobre todo, aos parados. Para o PP é mais importante darllo á banca que aos parados. O Estado inviste en políticas activas de emprego por cada parado de Galicia 385 euros, en vez dos 1.031 que se investiron en 2011”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar