“Este país non precisa de políticos como Feijoo e Rajoy, que cando os problemas entran pola porta eles saltan pola ventana”

“Este país non precisa de políticos como Feijoo e Rajoy, que cando os problemas entran pola porta eles saltan pola ventana”

“Este país non precisa de políticos como Feijoo e Rajoy, que cando os problemas entran pola porta eles saltan pola ventana”


O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, apuntou hoxe que “este país non precisa de políticos como Feijoo e Rajoy , que cando os problemas entran pola porta eles saltan pola fiestra”.

Así o dixo no mitin celebrado hoxe en Pontevedra, no que participou xunto aos candidatos ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carmela Silva e Guillermo Meijón; o ministro de Fomento e candidato por Lugo, José Blanco, e o tenente alcalde da cidade, Antón Louro.

O líder dos socialistas galegos destacou “que cada vez que hai un problema, tanto Feijoo como Rajoy fuxen e o non fan nada. A proba é que Rajoy so ven a Galicia ou porque hai festa, para ir aos toros, ou a dar paseos pola Lanzada para adelgazar”. E puxo tamén como exemplo a Feijoo, que “mentres Ourense ardía estaba desaparecido” en Arxentina, pedido o voto para Rajoy, fronte ao escapismo de ambos, contrapuxo a José Blanco, que “cada vez que ven a Galicia é para anunciar portos, aeroportos, o Ave…”.

Pachi Vázquez incidiu en que “este é o cambio que quere o PP para España, cambiar un goberno que da a cara, comprometido con Galicia como foi o do goberno de Zapatero, fronte a un goberno que escapa aos problemas como leva facendo Feijoo en Galicia nestes dous últimos anos”.

Por isto, fixo un chamamento para mobilizar ao 30% de indecisos. “Hai un 30% de persoas que aínda non decidiron o voto, son 8 millóns de persoas indecisas ás que temos que pedirlle con rotundidade que non se deixen levar por esa sensación de derrota”. “Si a esquerda se mobiliza gaña, senón gaña a dereita e este pais necesita un presidente que mire a cara aos cidadáns, non que fume bos puros”, aseverou.

O fracaso do cambio en Galicia
Vázquez asentiu que “o cambio que agora promete Rajoy para España, en Galicia o coñecemos ben”. Así afirmou que o resultado da política de Feijóo é que “Galicia está mais endebedada, pois pasamos de 3.000 mil millóns a case 8.000 millóns de euros. Feijoo endebedou a nosa comunidade máis en tres anos que nos 28 anos de democracia”.

Ademais denunciou que “o paro medra o dobre na nosa comunidade que en España, e o fai a costa dos traballadores dos servizos sociais e da sanidade, pois o desemprego aumentou nun 380% e o 40%, respectivamente, en ambos sectores”.
“Isto amosa que Feijoo está desmantelando o sistema de benestar, como fixo co sistema financeiro galego: pasamos de ter dúas caixas e un banco a non ter nada”, reiterou Pachi Vázquez.

O secretario xeral dos socialistas galegos sinalou que “esta é a realidade do cambio que anuncia o PP para España e que nós xa estamos sufrindo en Galicia, por iso que o 20 N nos xogamos moito, nos xogamos o noso xeito de vida. Temos que decidir quen vai dirixir este pais: un home comprometido como Rubalcaba ou un prototipo da dereita como Rajoy e Feijoo, que fuxen dos problemas”, concluíu

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar