Espinosa destaca o compromiso do Goberno central co AVE a Galicia e acusa á Xunta de "torpedear" os proxectos

Espinosa destaca o compromiso do Goberno central co AVE a Galicia e acusa á Xunta de "torpedear" os proxectos

Espinosa destaca o compromiso do Goberno central co AVE a Galicia e acusa á Xunta de "torpedear" os proxectos

A deputada socialista e ex Ministra Elena Espinosa sostivo –na comparecencia do Ministro José Blanco no Congreso sobre o AVE a Galicia- que “nos últimos 7 anos, baixo un Goberno Socialista, déronse pasos de xigante nas comunicacións estratéxicas a Galicia”. “Por moito que se empeñe o PP en que pareza o contrario, Galicia hoxe está máis preto do resto de Europa que cando gobernaba Aznar”. Neste punto, comparou a forma de ser e gobernar do PSOE, “a do sentido de Estado, da responsabilidade, dos feitos e as obras” e a do PP “a da propaganda, a deslealdade, a tendencia a negar a evidencia e, como está a facer a Xunta de Galicia, a de torpedear”.

Neste sentido, Espinosa revelou que, na súa etapa como Ministra, “nos informes que se precisaban da Xunta de Galicia en materia de medio ambiente se traslucía claramente unha falta de rigor que puña de manifesto a única intención de atrasar e dilatar calquera avance nos proxectos de AVE”.

Para a deputada socialista “un proxecto estratéxico como o AVE é un proxecto de Estado e o PP e a Xunta de Feijoo demostraron e continúan actuando con total irresponsabilidade demostrando que carecen da necesaria responsabilidade de estado”–afirmou.

Así, referiuse a todo un “catálogo de deslealdades” por parte da Xunta de Galicia que, nada máis asinar o Pacto do Obradoiro co Ministerio de Fomento, comezou a cuestionar os prazos, a descualificar aos técnicos e a reiterar que non se cumprían as licitacións, á vez que fixo e fai todo o posible por atrasalas. “Agora o PP e o Sr. Feijoo, nun intento máis de enganar aos cidadáns, cuestionan o pago das obras que se están realizando aínda sabendo que sen partida orzamentaria para apoialas non sería posible licitalas”.

Como exemplo concreto dos intentos do PP e da Xunta de Feijoo de frear a alta velocidade a Galicia, Espinosa referiuse á liña Lubián Ourense, Subtramo Lubián-Cerdedelo, para o que, mentres que a Xunta de Castela e León emitiu informe ambiental en pouco máis de 3 meses, a Xunta de Galicia tardou case 9 meses en emitir o informe ambiental pertinente para ademais emitir un informe negativo que provocou no proxecto un atraso dun ano por causas totalmente alleas ao Goberno de España; “un atraso que non foi aínda maior grazas á dilixencia do Goberno Socialista para realizar despois o triplo de trámites nun terzo de tempo”.

Ademais, lembrou os “intereses ocultos (urbanísticos) e partidistas do PP respecto da súa petición do cambio de integración do AVE en Ourense para soterralo, cando foi o PP -gobernando en 2003 no Goberno Central- quen deseñou un AVE en superficie ao seu paso pola cidade de Ourense e tamén foi o PP -cando gobernaba a Xunta de Galicia en 2005- quen deu o visto e prace ao proxecto”. “A petición do cambio de integración non foi senón outra manobra máis do PP para frear este proxecto (para o que o Goberno Socialista ha achegado máis de 500 millóns de euros fronte aos 60 que orzou no seu día o Goberno do PP) e tivo que ser o propio Feijoo o que pediu publicamente parar dita reivindicación para manter un mínimo de dignidade” –sostivo.

Respecto da licitación do AVE entre Olmedo e Ourense, a deputada socialista ha incidido en que en abril de 2004, cando gobernaba o PP, o investimento no tramo Ourense-Santiago era de 4,9 millóns de euros e no tramo Lubián-Ourense era similar. “Hoxe pola contra –destacou- o tramo Ourense-Santigo-Coruna está terminado e a piques de entrar en funcionamento e do tramo Lubian-Ourense só quedan por licitar os subtramos cuxos proxectos han necesidado reformas por razóns tamén coñecidas”.

“Nunca se investiu tanto no AVE a Galicia como co Goberno Socialista, un Goberno que superou mesmo o compromiso adquirido licitando 4.816 millóns de euros fronte aos 4.678 comprometidos e que mesmo a pesar do difícil contexto económico redobrou esforzos para cumprir os seus compromisos con Galicia” –resaltou.

“Fronte a iso –sinalou- atopámonos o PP de Rajoy que timidamente avanza que considera o AVE galego unha prioridade pero que nin establece prazos nin compromisos”.

“A alta velocidade é incompatible co sofá de Rajoy” – asegurou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar