Esperpento do PP ao frear a prohibición do reparto de libelos homófobos nas escolas galegas

Esperpento do PP ao frear a prohibición do reparto de libelos homófobos nas escolas galegas

Esperpento do PP ao frear a prohibición do reparto de libelos homófobos nas escolas galegas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, cualificou hoxe de “esperpento” que o PP se opoña a prohibir o reparto dun libelo homófobo detectado nas escolas galegas asinado por unha organización ultra católica. O responsable socialista ofreceu unha rolda de prensa na que acusou ao PP de “entregarse a uns poucos votantes radicais”.

Criticou que o PP rexeitara esta proposta co argumento “falaz” dunha emenda na que cambiaba o foco da cuestión e en lugar de prohibir pedía limitar estas publicacións, logo dunha intervención na que chegaba a cualificar a publicación de “lixo” e”inaceptable. Sinalou que o PP “non necesita” satisfacer a eses “votantes cunha postura radical” e asegurou “non entender –este voto- dende o punto de vista da hixiene democrática”.

Explicou que “a Lei debe ser cumprida en tódolos centros, tanto públicos como privados”, e sinalou que precisamente a Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación o que fai é “garantir o respecto a un colectivo que sofre unha gran presión social”. Dixo que “non é cuestión de vulnerar a liberdade de expresión de ninguén”, senón de garantir o respecto á diversidade, e que negalo co voto é “contrario a calquera sociedade avanzada”.

Engadiu que a votación do PP de onte coincide precisamente cunha xornada organizada por aquel partido hoxe e mañá en Lugo sobre “A convivencia no eido educativo”, coa presenza do conselleiro de Educación e onde o secretario xeral da Consellería pronunciará unha ponencia sobre “A xénese das normas sobre convivencia escolar”, unhas normas que inclúen un apartado específico relativo ao malrato por mor da diversidade sexual.

Barbaridade

Asegurou que os socialistas galegos continuarán coa súa ofensiva parlamentaria contra esta publicación, que cualificou tamén de “barbaridade”, con propostas “de sentido común”. O deputado socialista aludiu así á publicación da organización “Hazte Oír” que escolle para a portada un debuxo de dous escolares facendo o saúdo fascista á bandeira LGTBI, nunha alegoría a “unha ditadura imposta por un determinado colectivo”.

No seu interior, explica, falan de “proselitismo das institucións en favor das leis de identidade de xénero” que, na súa opinión, “acaba co dereito dos pais a educar aos seus fillos segundo as súas convicións e crenzas, liquida a liberdade de ensino, desorienta aos nenos ao impoñerlles a diversidade sexual, discrimina á familia natural e impón modelos familiares, e privilexia con diñeiro público o adoutrinamento sexual e entrega a educación dos nenos ás organizacións LGTBI”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar