Esixímoslle lealdade institucional á Xunta para concertar prazas na rede de residencias da Deputación de Lugo

Esixímoslle lealdade institucional á Xunta para concertar prazas na rede de residencias da Deputación de Lugo

Esixímoslle lealdade institucional á Xunta para concertar prazas na rede de residencias da Deputación de Lugo

A deputada lucense Concepción Burgo trasladoulle á Xunta a necesidade de concertar prazas nas residencias e centros de día públicos da rede xa creada pola Deputación de Lugo. A socialista cualificou esta demanda como “un dos retos colectivos máis urxentes” da provincia, a terceira de Galicia en porcentaxe de envellecemento –con case un 30% da poboación con máis de 65 anos-, e esixiu “lealdade institucional” nunha decisión que só é “cuestión de vontade política”.

A socialista advertiu de que as necesidades de servizos sociais en Lugo son “cada vez máis importantes e crecentes”, mentres hai “unha absoluta carencia de equipamentos sociais”. Explicou que Lugo ten un déficit mínimo de 2268 prazas de residencias e centros de día “para chegar a ratios mínimos de cobertura”, e engadiu que “os expertos indican ademais que a atención aos maiores debe ser dentro do seu entorno e contexto social”.

Burgo incidiu na aportación da Deputación de Lugo, cun investimento de 15 millóns de euros en 13 residencias, das que catro xa están rematadas e completamente equipadas (Castroverde, Fonsagrada, Pol e Trabada) pero non poden poñerse en marcha só a falta de que a Xunta concerte as prazas. “Son residencias de xestión pública para garantir o acceso universal aos pensionistas de menores rentas que só necesitan a colaboración da Xunta para que concerte prazas a través de convenios”, afirmou a socialista, que lembra que “a lei de servizos sociais ofrece todos os mecanismos para poder facelo”.

Burgo lembrou os “atrancos da Xunta para que esta rede se fixese” e reprochou que o goberno galego “sempre ten o costume de atopar unha deficiencia xusto cando remata o prazo de seis meses para a concesión, e outra de novo aos seis meses”.

Si conceden prazas para empresas privadas
“A Xunta debería estar alegre de que outra administración poña 15 millóns de euros, e debería recibir esta rede de residencias cos brazos abertos e facilidades, e non poñer un atranco tras outro”, censurou. A lucense incidiu en que resolver a concertación de prazas é unha cuestión de “vontade política”, e que a Xunta só ten que facer “o mesmo que está a facer actualmente coas empresas privadas”, ás que si lles dá luz verde para ter novas prazas.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar