Esixímoslle á Xunta que cumpra a lei e garanta as visitas ao Pazo de Meirás

Esixímoslle á Xunta que cumpra a lei e garanta as visitas ao Pazo de Meirás

Esixímoslle á Xunta que cumpra a lei e garanta as visitas ao Pazo de Meirás

A portavoz de Cultura do grupo socialista, Concepción Burgo, vén de rexistrar no Parlamento varias iniciativas para esixirlle á Xunta que cumpra coa obriga legal recollida na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e garanta a visita pública gratuíta ao Pazo de Meirás cando menos catro días ao mes. Burgo lembra que desde que o pazo foi declarado BIC, a familia Franco “non fixo outra cousa que poñer impedimentos”, e afirma que “non poden permitirse actitudes que semellan un trato de favor á familia Franco” por parte da Consellería de Cultura.

“A verdade é que nunca houbo normalidade nestas visitas, chegando incluso a Consellería de Cultura a pagar, durante un tempo, con cartos públicos á empresa de seguridade que os Franco esixiron para abrir o pazo”, explica a socialista. Agora, engade, está sendo imposible visitar o pazo, xa que cando se chama ao teléfono que se ofrece na web de turismo da Xunta para concertar unha visita soa unha mensaxe dicindo que ese número non existe. E cando non xorde un problema para conectar por teléfono, contestan que o cupo de visitas está esgotado. “Sempre está esgotado, se chame cando se chame, nun claro atranco para non permitir a entrada”, denuncia.

A todo isto hai que engadirlle a negativa dos Franco a que o Pazo sexa visitado en agosto, como poñen de manifesto os socialistas nas súas iniciativas. “Esta situación provoca múltiples queixas da cidadanía, de asociacións da Memoria Histórica e do Concello de Sada, que se ve prexudicado económica e turísticamente”, afirman. O mesmo Concello propuxo á Xunta de Galicia xestionar o réxime de visitas, pero isto non foi permitido polo goberno galego. “Cremos que a Xunta ten que facer cumprir a lei a calquera cidadán”, afirma Burgo, que reclama respostas sobre a situación actual e as medidas que o goberno galego ten pensado tomar ao respecto.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar