Esiximos que o Goberno cambie os criterios de reparto do cerco como aprobou o Congreso

Esiximos que o Goberno cambie os criterios de reparto do cerco como aprobou o Congreso

Esiximos que o Goberno cambie os criterios de reparto do cerco como aprobou o Congreso

A coordinadora dos socialistas galegos nas Cortes e presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, esixiulle hoxe ao goberno de España que cumpra a proposición non de lei presentada pola deputada lucense e portavoz de pesca do PSOE no Congreso, Margarita Pérez Herráiz, para cambiar os criterios de reparto no cerco, que foi aprobada só cos votos en contra do PP e o PNV. “O Goberno ten que asumir os acordos do Congreso e as maiorías da Cámara”, lembrou a socialista, que destacou as “reivindicacións xustas dun sector estratéxico para a economía de Galicia”.

Cancela e os portavoces socialistas de pesca no Congreso, Senado e Parlamento de Galicia, Pérez Herráiz, Modesto Pose e Loli Toja, xunto coas concelleiras socialistas de Sada Raquel Bolaño e María Pardo, reuníronse esta mañá co presidente de Acerga, José Blanco, e representantes do sector do cerco en Sada. Alí trasladaron que os socialistas seguen “mantendo o compromiso” adquirido co sector e lembraron que nas súas protestas, incluso cando estiveron acampados diante da Xunta no Nadal, “ninguén os escoitou”.

“O PP di que vai facer unha revisión dos plans de xestión dos caladoiros do cantábrico e noroeste, e esquece que os últimos plans de xestión dos últimos anos están recurridos. Estamos falando dunha cuestión que o sector non asume, que reivindica e se manifesta en contra, porque non é un reparto equitativo”, afirmou Pilar Cancela. A socialista apuntou que tras a aprobación no Congreso o cambio no reparto de cotas xa é só “cuestión de vontade política”, e anunciiou que esperarán “un tempo prudencial” para que o goberno cumpra e do contrario esixirano no Congreso.

Pola súa banda, o presidente de Acerga, José Blanco, agradeceu a iniciativa socialista e o feito de que saíse adiante no Congreso e lembrou que desde Acerga seguen “na loita” porque coas actuais cotas de xurel, bocarte ou anchoa non poden chegar “nin a mediados de ano” cun repartos que non son equitativos. “Sobraron seis millóns de quilos de xurel, como admitiu o secretario xeral, e nós só pedimos o que nos fai falta para a nosa flota”, exemplificou. “No bocarte non chega nin para comer para os barcos que somos”, lamentou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar