Esiximos que a Xunta interveña para que sete estacións de tren galegas non se convirtan en estacións pantasma

Esiximos que a Xunta interveña para que sete estacións de tren galegas non se convirtan en estacións pantasma

Esiximos que a Xunta interveña para que sete estacións de tren galegas non se convirtan en estacións pantasma

A deputada ourensana Noela Blanco preguntoulle ao goberno galego se ten realizado algunha xestión diante do goberno de España para manter o servizo de venda de billetes en todas as estacións de ferrocarril da comunidade, ante o risco de que se convirtan en “estacións pantasma” noutro caso de “marxinación” a zonas rurais ás que obrigan a “baixarse do tren do progreso”, con case 200.000 persoas afectadas.

A socialista apuntou que sete estacións de tren (catro na provincia de Ourense, unha na contorna de Vigo, outra no Baixo Miño e outra máis no sur de Lugo) perigan no novo plan ferroviario de Renfe e Adif para reestruturar o seu servizo de vendas en 2017, segundo alerta o persoal ferroviario “deixando importantes núcleos de poboación sen servizo presencial de información e venda de billetes e implicando, nalgúns casos, o peche das que queden sen persoal”. Blanco alerta de que en moitos casos estes servizos serven para “fixar poboación” en zonas “especialmente envellecidas”.

Blanco lembroulle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a “respionsabilidade moral e de goberno” que ten a Xunta fronte ás decisións do goberno de España, e destacou que estas estacións son “vitais desde o punto de vista social, económico e cultural”, e nalgúns casos, como o de Ribadavia, cun alto valor arquitectónico. Por todo isto reclamou contactos urxentes para impedir o peche destes servizos. Ademais, lembroulle á conselleira que nalgunhas destas zonas “a poboación maior de 65 anos multiplica por tres á menor de 15” e que “nalgúns casos nin sequera hai cobertura”, tras suxerir o goberno galego o uso de internet para mercar billetes.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar