Esiximos o novo plan do lobo no primeiro semestre deste ano

Esiximos o novo plan do lobo no primeiro semestre deste ano

Esiximos o novo plan do lobo no primeiro semestre deste ano

A deputada pontevedresa Patricia Vilán vén de rexistrar iniciativas ao Parlamento para esixirlle á Xunta “que elabore o imprescindible novo plan de xestión do lobo” no primeiro semestre de 2017. Vilán visitou os gandeiros de Viascón e Carballedo, no concello de Cotobade-Cerdedo, un dos municipios onde o lobo “está a causar estragos” na cabana caprina e vacúa, especialmente nos dous últimos anos.

A socialista lembra que a Xunta “ten o deber” de indemnizar os gandeiros, e que o plan de xestión, que estaba iniciado e contratado en 2011, está agora paralizado e “nada se ten presupostado para o seu desenvolvemento”. Vilán afirma que a propia administración descoñece se na zona afectada se teñen asentado novos grupos de lobos desprazados ou se son exemplares máis voraces ou experimentados que en anos anteriores. “Tanto é así, que ata hai gandeiros e gandeiras que teñen permiso oficial para facer agardas nocturnas ao lobo, aínda que se trate dun procedemento realmente inusual e extraordinario”, expón a deputada.

O caso dun gandeiro: máis da metade do gando morto en catro meses
Para dar conta da gravidade da situación dos gandeiros, a deputada socialista salienta o caso dun dos gandeiros cos que falou, que perdeu máis da metade do gando polos ataques do lobo en menos de catro meses. En outubro tiña 91 cabras e cabritos e catro cans. Neste momento só lle quedan 38 cabras e dous cans. A estas perdas hai que sumarlles gastos veterinarios, de desprazamentos para os trámites e chamadas de emerxencia. Ademais, “a media de tempo para cobrar as indemnizacións é de dous anos”, denuncia a socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar