Esiximos o cumprimento da Lei no caso da rapaza terminal ingresada no Hospital de Santiago

Esiximos o cumprimento da Lei no caso da rapaza terminal ingresada no Hospital de Santiago

Esiximos o cumprimento da Lei no caso da rapaza terminal ingresada no Hospital de Santiago

DependenciaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe o cumprimento da Lei de Dereitos e Garantías dos Enfermos Terminais, aprobada no pasado mes de xuño e xa en vigor. No debate dunha Interpelación no Pleno do Parlamento, a responsable socialista aludiu ao caso dunha rapaza en estado terminal ingresada no Hospital de Santiago á que os pais e o Comité de Ética piden a retirada da asistencia vital e o servizo de Pediatría négase.

A responsable socialista preguntoulle á conselleira “qué hai que facer para que nun centro sanitario da rede pública se cumpra coa lexislación vixente”. Acuña reclamou que se atenda ás demandas dos pais da nena para retirarlle o soporte vital de acordo, segundo eles afirman, co informe Comité de ética, e en contra do servizo de Pediatría.

Preguntoulle ao goberno galego que explique “quen cumpre coa Lei, os profesionais do Comité de Ética ou os do Servizo de Pediatría” e puntualizou que “non se trata dun caso de eutanasia activa”, senón de garantir a morte digna dunha doente terminal afectada por unha enfermidade intratable.

A deputada socialista fixo estas consideracións no debate dunha interpelación presentada polos socialistas galegos diante das dúbidas amosadas pola conselleira de Sanidade sobre a sostenibilidade do sistema sanitario público galego. Acuña precisou que “quen non é sostible é vostede e o modelo sanitario do PP”, mentres os socialistas “estamos loitando por recuperar a universalidade e comprometéndonos coa sostenibilidade”.

Advertiu que o sistema público, tal e como foi concibido nos anos 80 polos gobernos socialistas, universal, gratuíto, de calidade e plenamente sostible, veuse tornado noutro “insostible” pola “xestión intolerable” do PP, centrada na privatización de todo o posible. Preguntou “cómo vai ser sostible si ten que engadir tódolos canons a pagar a todas as empresas privadas aos gastos de persoal e de farmacia”.

Así, lembrou a privatización do novo hospital de Vigo, “ademais de Povisa e Galaria”, o Plan director do CHUOU, a ampliación do Salnés pola empresa Cofely, os laboratorios, o mantemento dos equipos sanitarios e a electromedicina, a historia clínica electrónica, as telecomunicaións, os arquivos, a central de compras, a alta tecnoloxía, os servizos de protección de radioloxía, esterilización, subministros e ata os quirófanos móbiles.

Como exemplo puxo a xestión do Hospital de Vigo, que foi convertido nun “carísimo novo hospital privado, pequeno e ata perigoso”, facendo aos cidadáns da área sanitaria vítimas dun traslado acelerado para “garantir que a empresa dona do hospital comece a cobrar o millonario canon” que ten que afrontar durante os próximos 20 anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar