Esiximos no Congreso que o goberno destape de todo o engano do AVE

Esiximos no Congreso que o goberno destape de todo o engano do AVE

Esiximos no Congreso que o goberno destape de todo o engano do AVE

A deputada Pilar Cancela anuncia unha nova batería de preguntas dos socialistas galegos no Congreso nas que pedirán que o goberno “destape de todo o engano” do AVE a Galicia, no que Fomento e Feijóo “van asomando a patiña e reculando, pero non son quen de admitir a gravidade do agravio pola súa falta de execución nos últimos anos”. Por iso esixirán que aclaren no Congreso se a nova data, “que tampouco se cumprirá”, é a marcada para ter “un AVE real ou un sucedáneo sen todos os tramos rematados e cunhas características de vía na comunidade que non é compatible cos trens AVE que circulan polo resto de España”.

Os socialistas reclamarán tamén que Fomento informe e xustifique cales serán as partidas e a previsión de gasto para os diferentes tramos da alta velocidade en Galicia nos vindeiros anos ata 2019. Cancela lembra que “Feijóo é cómplice de que con Rajoy nos últimos anos se deixase sen executar en Galicia como mínimo un millón de euros” no AVE, e iso sen coñecer aínda todos os datos reais.

“Sabemos que o presidente da Xunta é moi amigo das fotos, pero non queremos unha foto co ministro cada tres meses, queremos saber de que tipo de AVE nos falan”, di a deputada socialista. Por iso esixirán coñecer cal é a previsión concreta sobre o AVE a Lugo, “que Feijóo prometeu pagar con cartos da Xunta se non o facía o ministerio”, o AVE a Vigo por Cerdedo ou a saída sur con Portugal, os plans específicos para o tramo Taboadela-Ourense e os prazos e as previsións polo miúdo para todas as estacións intermodais da comunidade.

Preguntas sen resposta

Os socialistas lamentan “a absoluta opacidade” do goberno do PP coa alta velocidade en Galicia e denuncian que o goberno nin sequera cumpre coa súa obriga de responder por escrito ás preguntas e solicitude de información do grupo socialista, xa que hai numerosas preguntas sen respostar no Congreso sobre as que xa venceu o prazo. Esixen que esa actitude cambie de inmediato. “Esperemos que a transparencia do PP non pretenda ser unha foto para lavarlle a cara a Feijóo cada tres meses”, insistiu.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar