Esiximos melloras na seguridade das estradas PO-313 e PO-551ao paso por Moaña

Esiximos melloras na seguridade das estradas PO-313 e PO-551ao paso por Moaña

Esiximos melloras na seguridade das estradas PO-313 e PO-551ao paso por Moaña

A deputada socialista María Pierres reclamou hoxe “medidas urxentes” do goberno galego para mellorar as condicións de seguridade nas estradas autonómicas PO-313 e PO-551 ao seu paso polo concello de Moaña. Así o dixo durante un encontro coa Agrupación Municipal Socialista e a Asociación de Veciños Bouza – Quintela.

 

Os socialistas galegos presentaron unha serie de iniciativas para alertar do “perigo inminente” da situación actual da PO-313 para os escolares do centro educativo, sen transporte escolar e obrigados a trasladarse a través desta vía de comunicación.

 

Sinalou a “necesidade urxente de acometer actuacións de conservacións nas beirarrúas”, nomeadamente no tramo próximo ao CEIP, que utilizan beirarrúas de competencia autonómica e “padecen o seu deteriorado estado, con afundimentos e roturas importantes”.

 

A estrada padece ademais as consecuencias do incremento de tráfico por mor dos cortes intermitentes do corredor do Morrazo durante as obras de desdobramento, que “non fixeron máis que agravar os problemas da vía”.

 

Esta situación tamén ten provocado unha situación límite na PO-551, no seu tramo por Moaña, con problemas de afundimentos nas beirarrúas, mal estado do firme en determinados tramos e desprendementos en zonas de taludes. Sinalou que o mal estado se concentra no tramo entre Caiagua e a Porta do Sol –Domaio-, onde “é necesaria a adaptación urxente da parada de autobús para persoas con mobilidade reducida”.

 

Pierres presentou tamén unha serie de iniciativas parlamentarias nas que recolle as demandas dos veciños, que reclaman a mellora integral da estrada e establecer unha vixilancia regular “co fin de asegurar a seguridade viaria e, especialmente, mentres continúen as obras de cortes de tráfico provocados polo desdobramento do corredor do Morrazo”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar