Esiximos medidas específicas contra a violencia de xénero no rural

Esiximos medidas específicas contra a violencia de xénero no rural

Esiximos medidas específicas contra a violencia de xénero no rural

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe ao goberno galego que tome medidas específicas para prever e loitar contra a violencia de xénero que padecen as mulleres galegas que residen no rural. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei para organizar e coordinar “tódolos recursos” presentes no rural para a loita contra esta lacra. Acuña lembrou as “condicións distintas” que viven estas mulleres, á marxe das campañas e recursos a disposición das vítimas nas cidades. Sinalou ás vítimas do “machismo institucional”, como as catro vítimas de Noia ás que a administración lles denegou o Permex para gañarse a vida mariscando, ou á muller de Ourense que vén de denunciar ao presidente da Deputación por ofrecerlle traballo a cambio de sexo. A responsable socialista lamentou as eivas nos medios postos a disposición destas mulleres polo goberno galego que, ademais de destinar “cada vez menos recursos á prevención da violencia e á promoción da igualdade”, deixa a este colectivo á marxe das escasas axudas. O 83 por cento do territorio de Galicia é rural, dixo, onde unha muller vítima de violencia ten “case imposible” denunciar vivindo rodeada e “controlada” polo entorno do maltratador, do que é moito mais dependente tanto a nivel económico como de mobilidade física. Sen embargo, apuntou, no medio rural existe un tecido asociativo propio que pode ser utilizado na súa axuda, como as oficinas do sindicato agrario ou as asociacións de mulleres rurais, onde resulta mais doado buscar axuda que no cuartel da Garda Civil

ou no Centro de Información ás Mulleres. Por iso propón “que se organicen e coordinen tódolos recursos, así como as asociacións e entidades que habitualmente traballan no medio rural para poder utilizalos na loita contra a violencia de xénero”. Tamén reclama campañas de concienciación específicas para o medio rural, e incorporar as particularidades do rural para apoiar a estas vítimas, ademais de disgregar os datos rexistrados no medio rural a nivel estatístico.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar