Esiximos claridade nos orzamentos para a reubicación de servizos sanitarios do Gil Casares

Esiximos claridade nos orzamentos para a reubicación de servizos sanitarios do Gil Casares

Esiximos claridade nos orzamentos para a reubicación de servizos sanitarios do Gil Casares

O portavoz do grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o portavoz de Sanidade, Julio Torrado, reuníronse coa xunta de persoal da área sanitaria de Santiago e comprometéronse a esixirlle á Xunta que nos orzamentos haxa “constancia de realidades e claridade nas actuacións” para a reubicación dos servizos sanitarios do Gil Casares coa construción do Campus da Saúde en Santiago.

Julio Torrado lamentou a “política difusa sobre a sanidade pública en Galicia”, xa que “os propios profesionais teñen grandes dúbidas sobre o que vai ocorrer porque non se lles explica con claridade cales son os proxectos”. Lembrou que estamos a falar dun centro con máis de 200 traballadores, que acolle servizos moi importantes que deben contar con boa calidade e as instalacións adecuadas. “Ante as incertezas, estaremos do lado de quen defende o sistema público”, trasladou Torrado.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar