Esiximos a revisión do criterio histórico nas cotas de pesca, unha decisión política

Esiximos a revisión do criterio histórico nas cotas de pesca, unha decisión política

Esiximos a revisión do criterio histórico nas cotas de pesca, unha decisión política

A portavoz de pesca do grupo socialista, Loli Toja, esixiu hoxe na comparenecia da conselleira a revisión do criterio histórico no reparto de cotas, xa que o sector se enfronta a “querer traballar e non poder” por unha “decisión política” que trae “graves dificultades económicas” e que o leva “á ruína”. A socialista reclamou tamén “un esforzo” para que o Brexit poida supoñer “novas oportunidades” para Galicia na pesca, e lamentou que as rías galegas estean “nun estado lamentable impropio deste século” con graves advertencias da Unión Europea.

No referente ás “cantidades insuficientes” nas cotas de pesca, a socialista incidiu en que “vidas enteiras” dependen deste criterio, e denunciou que o goberno galego diga que hai diálogo co sector cando as ordes de 2013, 2014 e 2015 están recorridas nos tribunais por xerar “grandes desigualdades”, dixo. “Fáganlle caso ao sector”, pediu. Toja lembrou que mil toneladas de xarda e 6.000 de xurelo quedaron sen pescar “mentres Galicia pasa penurias” pola falta de cotas. “Todo se para cando para o mar”, lembrou Toja, que puxo en valor o “factor estabilizador da poboación” da pesca.

Por outra banda, reclamou que o Brexit sirva para a “revisión do principio de estabilidade relativa” e que se faga un esforzo para convertelo en oportunidades para Galicia. Tamén pediu respostas fronte ás ameazas ás que se enfrontan os armadores galegos con bandeira británica e o efecto nas importacións e exportacións e os aranceis. “Imos seguir sendo competitivos?”, preguntou, e reclamou que a pesca “deixe de ser moeda de cambio”. No marisqueo, lamentou a precaria situación laboral e pediu afrontar o problema dos prezos, onde as maiores ganancias queda en mans dos intermediarios. Tamén lembrou as condicións agresivas para a saúde, polo que pediu “novas formas de fiscalidade, axustes na idade de xubilación e recoñecemento das enfermidades”.

Referiuse ademais ao problema das toxinas e paros biolóxicos nas rías, un tema no que “non hai que ser reactivos, senón proactivos” e “adiantarse”. Así, lembrou os duros informes e as advertencias de sancións por parte da Unión Europea, que reflicten unha “situación grave”. Reclamou fortalecer con investimentos a investigación nos centros autonómicos, como xa pediu nos Orzamentos o grupo socialista, para a “prevención, a innovación en novas formas cultivo e o aproveitamento de recursos”.

“A conflictividade non xenera riqueza”
Toja lembrou a “conflictividade co sector” e a “derrota política abrumadora” do presidente da Xunta e da conselleira coa retirada da lei de acuicultura, “que agora queren volver implantar sen renunciar ás ideas orixinais”, e pediu que o goberno galego non cree no sector “reinos de taifas en favor da Xunta amparados pola consellería”. “Defendan a todo o sector. A conflictividade non xenera riqueza”, zanxou. Por último, denunciou o “abandono total” dos portos galegos, que esperan dragaxes e promesas da Xunta que nunca se cumpren.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar