Esiximos a delimitación exacta dos danos e axudas para o sector do viño

Esiximos a delimitación exacta dos danos e axudas para o sector do viño

Esiximos a delimitación exacta dos danos e axudas para o sector do viño

O portavoz de Agricultura do grupo socialista, José Antonio Quiroga, presentou en rolda de prensa unha serie de iniciativas para facerlle fronte á situación “catastrófica” do sector vitivinícola galego polos danos das xeadas. Quiroga pediulle á Xunta “que actúe con rapidez” para a “delimitación exacta” das zonas afectadas e a “cuantificación” dos danos, coa fin de abrir inmediatamente despois unha liña orzamentaria suficiente para compensar os danos, posteriormente complementada tamén con axudas fiscais e tributarias.

O socialista afirmou que o sector está “sobrecollido” polo impacto destas xeadas tardías e que a magnitude dos danos é moi elevada nas zonas das denominacións de orixe. Así, os danos na Ribeira Sacra son máis desiguais, con entre o 50 e 60% da superficie afectada. No Ribeiro os danos serían de entre o 60 e o 70%, en Valdeorras en torno ao 80% e Monterrei sería a zona máis afectada, entre o 80 e o 95%, segundo apuntan varias fontes consultadas polos socialistas.

Quiroga criticou que o goberno galego estase a mover “na ambigüidade” e pediu “que sexa máis claro e contundente no apoio ao sector, para saír de dúbidas e darlle seguridade aos viticultores”, xa que a Xunta fala da actual lexislatura como a do mundo rural. “É un sector emerxente moi importante, que moveu por riba dos 38 millóns de euros en exportacións na última campaña e que implica a 16.000 viticultores, algo vital para o mundo rural”, lembrou, máis aínda coa actual situación de despoboamento, fuxida de mozos e caída demográfica.

Está en xogo a posición de mercado

“Non só falamos da perda da colleita deste ano; estamos a falar da posibilidade da perda dunha posición de mercado”, advertiu o socialista, xa que se deixa de atender a importante demanda da exportación en toda España e no estranxeiro. “Este é un segundo problema que pode incrementar exponencialmente o dano”, explicou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar