Esíxenlle á Xunta que respecte o tope de alumnos nas aulas agrupadas de primaria acordado cos sindicatos en 2009

Esíxenlle á Xunta que respecte o tope de alumnos nas aulas agrupadas de primaria acordado cos sindicatos en 2009

Esíxenlle á Xunta que respecte o tope de alumnos nas aulas agrupadas de primaria acordado cos sindicatos en 2009

Xoaquín Fernández Leiceaga sinala que a agrupación de alumnos prexudicará ás zonas despoboadas e afectará a 200 mestres de primaria e mais de 100 centros e aulas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou unha batería de iniciativas para esixirlle á Xunta que respecte o tope de alumnos nas aulas agrupadas de primaria acordado cos sindicatos en 2009.

O responsable socialista dixo que a agrupación de alumnos anunciada pola Xunta terá “efectos territoriais nefastos” para as zonas mais despoboadas e afectará a 200 mestres de primaria e mais de 100 centros e aulas. Así o apuntou logo de sinalar que o goberno galego está a rachar co principio de equivalencia au incrementar de 14 a 20 os alumnos de 6 a 12 anos que deberán atender os profesores afectados.

Leiceaga lembrou que o goberno galego está a rachar así o acordo asinado cos principais sindicatos no ano 2009 polo actual conselleiro de Educación, que establecía que no ensino primario poderían realizarse agrupamentos de alumnos en centros con moi baixa matrícula.

Estes agrupamentos faríanse efectivos sempre que o número total de alumnos non superase o 14 e foran todos do mesmo ciclo, coa salvagarda de que no caso de grupos diferentes o número non podía ser superior a doce.

Este acordo, apunta, “salvagarda un elemental principio de equivalencia”, xa que a docencia simultánea a alumnos de diversos cursos e ciclos esixe un maior esforzo para o docente e supón prestar menos atención para os alumnos, o que fai “razoable equilibrar con menos alumnos por aula”.

A decisión do goberno galego de rachar co número máximo acordado cos sindicatos e, polo tanto, co equilibrio acadado, prexudicará sobre todo aos centros educativos situados nas zonas sometidas a un proceso de despoboamento mais implacable, “que sen dúbida esta acción favorecerá”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar