Esíxenlle á Xunta que rectifique na destrución de 251 postos de traballo públicos

Esíxenlle á Xunta que rectifique na destrución de 251 postos de traballo públicos

Esíxenlle á Xunta que rectifique na destrución de 251 postos de traballo públicos

Beatriz Sestayo advirte que o “acoso político” de Feijóo e o PP aos empregados públicos persegue a privatización e desmantelamento do Estado do Benestar

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo esixiulle á Xunta que “rectifique na súa política de destrución de emprego e servizos públicos”, que esta semana supuxo a amortización de 251 postos de traballo “absolutamente esenciais”. Sestayo presentou unha batería de iniciativas diante desta decisión que exemplifica o “acoso político” sobre os empregados e empregadas públicas.

A parlamentaria socialista presentou entre outras unha Proposición non de Lei para que o goberno galego rectifique esta decisión e garanta “que non se produzan amortizacións nin despedimentos no sector dos servizos públicos”. Advertiu que “a folla de ruta invariable de destrución dos servizos públicos co fin de proceder á súa privatización e ao desmantelamento do Estado do Benestar continúa ata o imposible”.

Explica que os postos de traballo a amortizar, tal e como se coñeceu esta semana, “destacan pola súa propia esencia no servizos público”, como son residencias de anciáns, centros de atención á discapacidade, equipos de valoración de discapacidade, oficinas de emprego ou centros xuvenís, entre outros.

Dixo que todos estes postos posúen “unha repercusión social indiscutible” e resultan “absolutamente imprescindibles para o mantemento do Estado do Benestar e de cohesión social”. Acusa ao goberno galego de agochar, baixo a “falsa escusa da austeridade”, a decisión de “amortizar postos de traballo esenciais para as persoas mentres crea mais postos directivos”.

Mentira

Sestayo denunciou o “recurso sistemático á mentira” por parte do actual presidente da Xunta, unha práctica que “foi usada e abusada por Feijóo na campaña electoral”. Como exemplo cita precisamente o compromiso do presidente da Xunta a non aplicar novos sacrificios ou recortes aos empregados públicos”.

Sinala que “esta promesa, como tantas, fíxose anacos aos poucos días de tomar posesión” co anuncio de novos recortes retributivos e a vulneración do convenio do persoal da Xunta no tocante ás xornadas de descanso “de xeito flagrante e unilateral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar