Esixenlle á Xunta que garanta a continuidade de NGB en Galicia “sen subhastarse, fusionarse nin trocearse”

Esixenlle á Xunta que garanta a continuidade de NGB en Galicia “sen subhastarse, fusionarse nin trocearse”

Esixenlle á Xunta que garanta a continuidade de NGB en Galicia “sen subhastarse, fusionarse nin trocearse”

María José Caride reclama que garantan o prazo de vixencia do FROB na entidade para garantir a súa solvencia

Advirte que o Grupo Popular solicitou un Pleno Extraordinario no que “non inclúe nin a constitución dunha Comisión de Investigación nin unha Lei de Fundacións”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, esixiulle á Xunta que garanta a continuidade de NGB en Galicia “sen subhastarse, fusionarse nin trocearse”. Así o dixo na sesión de control ao goberno, na que presentou unha pregunta oral para que a Xunta garanta “un proxecto solvente para Galicia” nos ata 15 anos de vixencia do FROB na entidade.

A responsable socialista reclamou “trato igualitario” para a entidade galega en comparación con Bankia, e advertiu que “o sistema de protección de activos de segunda perda non o ten ninguén” salvo aquelas entidades abocada a ser subhastadas. Caride esixiu para NGB o mesmo trato que o ministro De Guindos garante para Bankia ao declarar o apoio “en todo o que sexa necesario e un papel primordial no sector da banca”.

Caride sinalou que a Xunta eludiu hoxe manifestarse a favor da continuidade da entidade en Galicia “sen subhastarse, fusionarse nin trocearse”, e dixo que “o período de vixencia do FROB, de entre 10 e 15 anos” e o rescate de entre 4.500 e 7.00 millóns deben ofrecer “marxe suficiente para viabilizar o proxecto”.

Advertiu que esta entrada de capital suporá o descenso da participación de Novacaixagalicia en NGBanco que podería pasar do actual 7% o 2,5% facendo inviable a continuación da obra social, sen que a Xunta de Galicia diga nin faga nada.

A responsable socialista lembrou que a Xunta ten afirmado que “o único motivo polo que NGB podería non ser viable sería si existira discriminación”, e reclamou polo tanto que o Goberno garanta para esta entidade “as mesmas actuacións” que lle concede a “outras entidades con grandes dificultades”, pero para as que o goberno de España garante, a día de hoxe, a súa permanencia no mapa financeiro.

Comisión de Investigación

Caride dixo que os socialistas “estamos hoxe escandalizados” pola actitude do presidente da Xunta, que onte votaba en contra de crear unha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega para hoxe anunciar na sesión de control a súa constitución no mes de xullo, xunto coa presentación dunha Lei de Fundacións.

A sorpresa do grupo socialista procede de que, finalmente, o Grupo Popular na solicitude dun Pleno Extraordinario que ten presentado hoxe para o próximo mes “non inclúe ningunha das dúas cousas” malia os anuncios e promesas do presidente da Xunta. Dixo que esta situación pon de manifesto que o Presidente Feijoo non quere que se investigue nesta lexislatura a volatilización das caixas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar