Esíxenlle á Xunta que garanta a continuidade da conserveira Cuca, que ven de anunciar o seu peche en Vilaxoán e o traslado ao Grove

Esíxenlle á Xunta que garanta a continuidade da conserveira Cuca, que ven de anunciar o seu peche en Vilaxoán e o traslado ao Grove

Esíxenlle á Xunta que garanta a continuidade da conserveira Cuca, que ven de anunciar o seu peche en Vilaxoán e o traslado ao Grove

José Luis Méndez Romeu reclama “unha posición nidia de defensa do emprego no sector” por parte da Xunta, que, lembra, ten subvencionado á factoría con 400.000 euros

O portavoz de Industria, Turismo e Minas do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de esixirlle á Xunta que garanta a continuidade da conserveira “Cuca” en Vilaxoán. O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas na Cámara autonómica diante do anuncio de peche da factoría e o seu traslado ao Grove, o que suporía o traslado de 88 traballadores fixos e a previsible perda de 150 eventuais.

O responsable socialista considera “imprescindible” que o Goberno galego “asuma unhan posición nidia de defensa do emprego no sector, de continuidade da explotación en Vilaxoán e no pulo da competitividade do sector”. Lamenta que ata o momento “ningún membro do Goberno atopou tempo para atender as lexítimas arelas dos traballadores” mentres “o tempo esgótase e a Xunta garda silencio”.

Lembra que a Xunta, a través da Consellería do Medio Rural e Pesca, concedeulle á empresa axudas por importe de 400.000 euros, polo que a opinión da administración autonómica “importa como garante da correcta utilización das axudas públicas”. Reclama a continuidade dunha actividade “na que o prestixio da Comunidade está consolidado, e onde a competencia co sueste asiático só pode superarse con alto valor engadido”.

Esta é precisamente a especialidade da empresa “Cuca”, unha das 67 de Galicia, con mais de 75 anos de existencia, unha facturación anual de 40 millóns de euros e marcas recoñecidas e baseadas na elaboración artesanal dirixidas á gama “Premium”, con mais valor engadido. Sinala que a empresa “non tiña problemas de mercado, nin de carteira de clientes, nin de carácter económico”.

A empresa galega foi adquirida en 2011 polo grupo vasco “Garavilla”, con plantas de produción no Grove, e que agora ven de comunicar a súa decisión de pechar a planta de Vilaxoán e trasladar a actividade ao Grove, o que afectaría ás persoas con contrato fixo e prescindiría dos eventuais. Esta decisión suporá que no concello de Vilagarcía “desaparecería unha das principais industrias cun elevado volume de emprego feminino”.

Méndez Romeu sinala que o sistema de produción do Grove está orientado a outros segmentos de mercado, de carácter mais industrial, e augura un inminente proceso de redución de emprego “como xa ten ocorrido na factoría do Grove, onde os 600 traballadores que chegaron a traballar hoxe están reducidos a 200”.

Reclama a participación do goberno galego para defender unha empresa e un modelo de produción específico acorde coa posición de Galicia como líder na produción de conservas de pescados e de mariscos. Sinala que a produción galega “representa o 86 por cento do volume e o 84 por cento do valor monetario do total producido en España, cun volume de emprego de 12.000 persoas, especialmente mulleres e cun alto índice de temporalidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar