Esíxenlle á Xunta que asuma a perda da axuda ás hipotecas de VPO que vén de retirar o Goberno central

Esíxenlle á Xunta que asuma a perda da axuda ás hipotecas de VPO que vén de retirar o Goberno central

Esíxenlle á Xunta que asuma a perda da axuda ás hipotecas de VPO que vén de retirar o Goberno central

Xosé Sánchez Bugallo advirte que en torno a 13.000 familias terán que pagar ata 150 euros mais ao mes pola retirada das axudas do goberno á vivenda protexida

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, esixiulle hoxe á Xunta que compense a perda das axudas ás hipotecas de Vivendas de Protección Oficial que ven de anular dende xuño do ano pasado. O parlamentario socialista lamentou que o PP rexeitara en Comisión unha proposta socialista para paliar a desaparición destas axudas.

Sánchez Bugallo advertiu que o goberno retirou a axuda no pago dos intereses das VPO a en torno a 13.000 familias galegas acollidas a plans nacionais de vivenda que teñen que pagar entre 100 e 150 euros mais ao mes e que están recibindo a noticia a medida que o goberno rexeita renovar as axudas aos cinco anos, co que o 80 por cento dos afectados aínda non sabe que van perder a subvención.

O responsable de Vivenda do Grupo socialista explicou que estas hipotecas tiveron que ser asinadas por un mínimo obrigado de 25 anos para obter unhas bonificacións que retiran en cinco anos.

Sinalou que a maioría das familias afectadas “non saben que van perder a axuda”, xa que está agochada no contido do Real Decreto 20/2012 de 14 de xuño, que está a ser aplicado “un a un” e que afecta fundamentalmente a Vigo, con 5.000 vivendas afectadas, e Santiago, con outras 2.700.

Competencia

O parlamentario socialista lembrou que o goberno galego ten competencia exclusiva en materia de vivenda, e polo tanto tamén a responsabilidade, como ratifica a Lei de Vivenda, aínda que o Estado financie ditas axudas. Reclamou así que a Xunta “manteña a totalidade das axudas pra a subsidiación de préstamos, incluídas as renovacións previstas para todos aqueles que a tivesen concedida con anterioridade ao 14 de xullo de 2012”.

Sánchez Bugallo rexeitou unha emenda presentada polo PP, que reclamaba cambiar o compromiso da Xunta por pedirlle ao Estado que repoña as axudas, xa que dixo “iso tería valor si garantiran que en Madrid van manter o compromiso, pero si aquí votan a favor pero no Congreso votan en contra é unha manobra moi hábil pero que non soluciona nada ás familias afectadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar