Esíxenlle á Xunta “elevar o nivel de interlocución” para acordar co goberno arxentino a viabilidade do Centro Galego de Bos Aires

Esíxenlle á Xunta “elevar o nivel de interlocución” para acordar co goberno arxentino a viabilidade do Centro Galego de Bos Aires

Esíxenlle á Xunta “elevar o nivel de interlocución” para acordar co goberno arxentino a viabilidade do Centro Galego de Bos Aires

Marisol Soneira reclama a preservación do patrimonio cultural, histórico e artístico do centro agora intervido polo goberno arxentino

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de esixirlle á Xunta que “eleve o nivel de interlocución” para acordar directamente co goberno arxentino a viabilidade do Centro Galego de Bos Aires, intervido polo executivo de Cristina Fernández de Kirchner. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia.

A responsable socialista reclamou ao goberno galego que faga as xestións necesarias para preservar o patrimonio cultural, histórico, artístico de Galicia depositado neste centro. Lamenta que o actual presidente da Xunta teña renunciado a manter contactos co goberno arxentino, mentres optou por “reunirse cos seus adversarios políticos”, nunha “actitude absolutamente sectaria”, en contra do que fixeron tódolos presidentes galegos.

Soneira lembrou que tanto Albor como Fernández Laxe, Manuel Fraga e Emilio Pérez Touriño mantiveron encontros cos gobernos arxentinos con relación a este centro, xa que presta atención sanitaria en territorio daquel país. Lamentou o abandono ao que o executivo de Feijóo ten sometido este centro tanto por diferenzas políticas co goberno arxentino como coa xerencia do centro escollida democraticamente polos socios.

Sinalou que o centro “non é só un edificio, tamén contén a nosa alma”, cunha das “mellores pinacotecas de artistas galegos”, con cadros de Soutomaior, Seoane, Laxeiro e o propio Castelao, que faleceu entre os seus muros. Tamén contén “unha das mellores bibliotecas de textos de pensadores, políticos e literatos galegos que non podían publicar na súa terra” durante o franquismo.

Dixo que a situación actual deste centro, intervido en outubro de 2012, responde a “erros de todos, dos directivos e tamén do goberno galego” e que, malia a que no seu momento albergou a 110.000 mutualistas, hoxe non superan os 15.000 socios, cunha difícil situación financeira que levou á súa intervención para “salvar economicamente” os servizos que presta.

Esixiulle ao goberno galego que afronte a situación do centro e que expoña “si ten acordado unha folla de ruta para que a intervención sexa temporal e permita devolver a xestión do centro aos seus propietarios, que son os galegos mutualistas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar