Esíxenlle a Feijóo unhas eleccións “limpas e sen enganos” porque do contrario “vamos ter que pedirlle que faga campaña cun detector de mentiras”

Esíxenlle a Feijóo unhas eleccións “limpas e sen enganos” porque do contrario “vamos ter que pedirlle que faga campaña cun detector de mentiras”

Esíxenlle a Feijóo unhas eleccións “limpas e sen enganos” porque do contrario “vamos ter que pedirlle que faga campaña cun detector de mentiras”

Laura Seara advirte que o PP emprega a presidencia da Xunta para tomar “decisións tramposas que non lles vamos permitir”

A responsable de Política Institucional do PSdeG, Laura Seara, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta unhas eleccións "limpas e senn enganos", logo de constatar que emprega a presidencia da Xunta para tomar "decisións tramposas que non lles vamos permtir". Preguntou así "si vamos ter que esixirlles a Feijóo e ao PP que fagan campaña cun detector de mentiras".

Seara sinalou que en cuestión de días o presidente da Xunta “xa foi pillado en varias trampas e mentiras” e advertiu que os galegos que creron a súa promesa de acabar co paro en 45 días saben que “a súa palabra vale ben pouco”. Dixo que “os ourensáns sabemos ben que no zurrón de Feijóo hai mais mentiras que soluciós e mais enganos que axudas”.

Citou así o intento de cambiar as regras de xogo reducindo deputados “para ver si así gañaba unhas eleccións que de antemán tiña perdidas”. A responsable socialista dixo que o presidente da Xunta non puido levar a cabo este pucheirazo porque “foi pillado e sorprendido polo adianto electoral que convocou o lehendakari vasco, Patxi López, co que quedou sen tempo material”.

Engadiu que “inmediatamente despois” realizou outra “trampa” ao poñer “todo o goberno ao servizo do partido encargándolle a dirección da campaña ao conselleiro de Presidencia”. Sinalou que Alfonso Rueda ten “a tarefa de coordinar a acción de todo o goberno e a responsabilidade de xogar polo xogo limpo, a transparencia e o bo facer na convocatoria electoral”.

Seara explicou que Rueda é, no goberno galego, o equivalente a Rodolfo Ares no País Vasco -conselleiro de Interior- ou Rubalcaba no goberno de España -ministro de Interior-. Ámbolos dous dimitiron no goberno no momento de convocar a campaña electoral, e preguntou “por qué Rueda non toma exemplo e dimite como conselleiro de Presidencia si quere levar as riendas da campaña do PP”.

Dixo que a súa función de goberno resulta “incompatible” xa que “a persoa que ten que velar polo bo desenvolvemento da campaña electoral sexa á súa vez o coordinador de campaña do PP”. Criticou as “diferentes varas de medir” de Feijóo, que no seu momento “pediu a dimisión de Rubalcaba como vicepresidente e ministro do Interior”.

Seara advertiu tamén que o presidente da Xunta incumpre a Lei que regula a publicidade institucional e prohíbe a inserción de campañas publicitarias dende o momento en que se convocan as eleccións. Lembrou que a Lei foi modificada cos solcialistas no goberno galego e foi acordada por tódolos partidos, incluíndo o PP, mentres Feijóo “non se debeu decatar e actúa como si non fora con el”.

Xogo limpo

Seara dixo que “estes antecedentes proban que Feijóo non vai xogar limpo nestas eleccións” e que vai reeditar a súa estratexia de fai catro anos, cando “valeulle absolutamente todo á hora de mentir e calumniar coa finalidade de chegar a Monte Pío”. Dixo que hoxe aquelas mentiras e calumnias “se lle quedan pequenas” ao tomar decisións “tramposas” dende a presidencia da Xunta.

Así, afeoulle que presuma de xestionar na Comunidade Autónoma máis solvente de España, cando a realidade é que en tres anos duplicou a débeda pública de toda a historia de Galicia e hoxe lles adebeda “miles de millóns” a empresas e concellos de Galicia. Advertiu que “onte mesmo” asegurou, logo do Consello da Xunta, descoñecer se ía facer campaña na diáspora mentres o seu partido anunciaba un gran acto en Arxentina.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar