Esíxenlle a Feijóo que presente o calendario de inicio e remate da construción dos floteis de Pemex que ten comprometido

Esíxenlle a Feijóo que presente o calendario de inicio e remate da construción dos floteis de Pemex que ten comprometido

Esíxenlle a Feijóo que presente o calendario de inicio e remate da construción dos floteis de Pemex que ten comprometido

Abel Losada reclama o proxecto de construción e financiamento do suposto dique flotante para a ría de Ferrol

naval-feneO deputado socialista Abel Losada esixiulle hoxe a Feijóo que presente o calendario de inicio e remate da construción dos floteis de Pemex cos estaleiros de Navantia e Barreras que el mesmo asinou na precampaña das pasadas eleccións autonómicas. O responsable socialista presentou unha moción na que desafía ao presidente da Xunta a “demostrar que por unha vez a súa palabra vale algo”.

Losada advertiu que “agardamos que o presidente da Xunta poida demostrar que dixo a verdade”, si ben engadiu que “polo momento os feitos desmenten a insistencia de Feijóo sobre uns contratos que, malia que el mesmo os asinou para toda Galicia diante das cámaras da TVG, o certo é que non aparecen por ningures”.

Lembrou que, de acordo co anunciado no seu día, “os estaleiros estarían cortando chapa a finais do pasado ano, pero estamos en novembro e a día de hoxe o único que temos recibido son desmentidos por parte da empresa contra a palabra do presidente da Xunta de Galicia”.

Neste mesmo sentido, reclamoulle que presente a carga de traballo prevista para os dous estaleiros no momento en que reciban o encargo, e lle reclamou “presentar na Cámara, no prazo de dous meses, o proxecto de construción e financiamento dun dique flotante na ría de Ferrol” para o que tamén empeñou a súa palabra.

Os socialistas galegos reclaman que o Goberno galego poña en marcha, en relación con estas actuacións, “un programa de reactivación do sector” consensuado con axentes sociais e as empresas afectadas e “que contará cos instrumentos financeiros axeitados, un programa de emprego e medidas de formación que garantan a súa estabilidade”.

Enerxía

O Grupo Socialista quere ademais que o PP vote na Cámara autonómica esta proposta que inclúe “trasladar ao Goberno de España a posición contraria ás directrices da reforma do sector eléctrico en curso”.

Losada reclama que “a recuperación das primas ás enerxías renovables, a modificación do cálculo das tarifas de produción eléctrica, o desenvolvemento do autoconsumo e un novo cálculo dos custes de produción”. Tamén solicita un plan integral de desenvolvemento da enerxía procedente da biomasa.

Ademais, o deputado socialista propón potenciar as medidas para a recuperación e impulso en materia de I+D, para o cal deberá recuperar os niveis de financiamento público en I+D do ano 2009, ao longo dos tres vindeiros exercicios orzamentarios, con incrementos anuais de cando menos 15 millóns de euros “de maneira que poidamos aproximarnos ao promedio europeo”.

Finalmente, reclama “defender ante o Goberno do Estado a eliminación da actual taxa de reposición de emprego público no sector de I+D, avalando a reivindicacións do colectivo Carta pola Ciencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar