Esíxenlle a Feijóo que non aprobe o orzamento do 2013 porque consolida a Galicia como líder do paro en España

Esíxenlle a Feijóo que non aprobe o orzamento do 2013 porque consolida a Galicia como  líder do paro en España

Esíxenlle a Feijóo que non aprobe o orzamento do 2013 porque consolida a Galicia como líder do paro en España

Carmen Gallego anunciou que o PSdeG-PSOE presentara emendas de devolución e transversais “para intentar que o PP e Feijoo modifiquen os orzamentos “facendo que a carga de mais peso impositivo recaían nos que mais teñen”

Dixo que cos orzamentos de Feijoo para o ano 2013 “vai aumentar o paro en Galicia, vaise endebedar mais a nosa Comunidade, consolídanse e agudízanse os recortes sociais e paralízanse os gastos produtivos”

Denunciou un recorte dos investimentos públicos dun 53% con respecto ao ano 2009, o que significa que non se van a poñer en marcha novos proxectos con cargos aos orzamentos do ano 2013 “con financiamento publico”.

A Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego esixiulle hoxe ao Goberno de Feijoo que non aprobe os orzamentos de 2013 “porque consolida Galicia como líder do paro en España”.

Anunciou que o PSdeG-PSOE presentara emendas de devolución e transversais “para intentar que o PP e Feijoo modifiquen os orzamentos “facendo que a carga de mais peso impositivo recaían nos que mais teñen”. Demandou incrementos no tramo do IRPF, novas modalidades impositivas á banca, loita contra o fraude e a reclamación de mais transferencias finalistas.

En rolda de prensa Gallego asegurou que as contas de Feijoo “levan á nosa Comunidade a seguir sendo os lideres do paro”, no conxunto do Estado. Subliña que os orzamentos autonómicos “teñen un recorte dun 10% , por iso puntualizou “polo tanto non son as cifras optimistas que deu o Presidente da Xunta afirmando que so se rebaixaba un 2.5%”.

A parlamentaria dixo que cos orzamentos de Feijoo para o ano 2013 “vai aumentar o paro en Galicia, vaise endebedar mais a nosa Comunidade, consolídanse e agudízanse os recortes sociais e paralízanse os gastos produtivos”.

No que atinxe as previsións orzamentarias da Xunta asegura que tanto no PIB como sobre a evolución do paro na nosa Comunidade “o PP sempre errou”, insistiu. E puxo como exemplo a previsión do ano 2012 sobre o PIB que tiña previsto que medrara 1.1% “pero a realidade é que baixou un 1.5%”, o que supuxo unha variación dun 236%.

Sobre os datos do paro rexistrado hoxe afirmou que “Galicia encabeza a subida do paro en decembro no conxunto de España con 278.787 persoas”. E no que se refire a demandantes de emprego “estamos en 356.952 personas, das cales 309.551 son non ocupadas”. Dixo que para estas persoas Feijoo receita “despedir en xuño de 2012 a 109 orientadores de emprego, e en decembro de 2012 a 114”. Replica que estes orientadores “son precisamente as personas que tiñan que axudar aos demandantes de emprego para atopar emprego na nosa Comunidade”.

300.000 parados en 2013

Gallego denuncia que as previsións da Xunta para o ano 2013 “pasa por acadar os 300.000 parados en Galicia”. Por iso insistiu nas súas criticas “o peor que lle pode pasar aos desempregados é que Feijoo aprobe estes orzamentos, porque prívaos de toda posibilidade de atopar emprego”.

Mais polo miúdo a dirixente socialista criticou que Feijoo “tente agochar a enorme caída dos programas de gasto, agrupando diferentes partidas nun novo fondo para o crecemento, por importe de 386 millóns de euros e que en realidade supoñen un recorte moi considerable”.

A viceportavoz socialista puxo como exemplo os programas de regulación económica de sectores produtivos e desenvolvemento empresarial que teñen un recorte de 67 millóns de euros; en Turismo recortes do 28% ; en competitividade e mellora de calidade de producións pesqueiras recorte do 18 % ; en ordenación de producións forestais un 65 % inferior; e en desenvolvemento empresarial 12,5 millóns de euros, entre outros.

Pero advirte que o recorte mais brutal “dáse nos programas de promoción de emprego xa que incluso con respecto ao ano anterior 2012, hai unha rebaixa de 137 millóns de euros, o que supón un 40,4 % menos”, e mentres “asistimos o maior volume de paro en Galicia”.

No que se refire ao I+D+i hai unha caída anual para o 2013 de 14,6 millóns de euros menos que o ano anterior. Sinala que computando os recortes dende 2009, os datos indicarían unha baixada no apoio a sectores económicos e renuncia na loita contra o desemprego de: Promoción do emprego: 401 millóns de euros menos; Desenvolvemento empresarial: 175 millóns de euros menos; I+D+i: 103 millóns de euros menos; Industria, enerxía e minería: 56 millóns de euros menos; Comercio: 49 millóns de euros menos; Turismo: 42,5 millóns de euros menos e Actuacións ambientais: 496 millóns de euros menos.

Feijóo consolida e agrava os recortes

Gallego afirma que con estas contas autonómicas Feijoo “consolida e agrava os recortes na totalidade dos programas sociais”. Dixo que nos últimos catros ano de mandato Feijoo en Educación hai 739 millóns de euros menos, en Sanidade, 847 millóns de euros menos, en Protección e promoción social, 283 millóns de euros menos, e en Vivenda: 445 millóns de euros menos.

Tamén denunciou un recorte dos investimentos públicos dun 53% con respecto ao ano 2009, o que significa que non se van a poñer en marcha novos proxectos con cargos aos orzamentos do ano 2013 “con financiamento publico”.

Débeda da Comunidade Autónoma

A maiores a deputada criticou a débeda total da Comunidade “que no 2013 será de case que 12.000 millóns de euros”. Replica que a nosa Comunidade “xerou un volume moi importante de débeda nos últimos catro anos, e alcanzará a cifra mais alta que puido levar a cabo ningún outro executivo en Galicia”. Gallego dixo que “Feijoo é o goberno autonómico menos solvente da Historia de toda a Autonomía Galega”, o que supón un 834 millóns de euros no ano 2013.

E asegurou que a débeda publica crecente da Comunidade “sofre un aumento do 34%”. Dixo que Feijoo decidiu “renunciar a nosa capacidade fiscal para xerar novos ingresos e fanse subas xeralizadas e pouco progresivas”. “O mantra do deficit cero non trae expectativas para os parados galegos”, insistiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar