Esíxenlle a Feijóo que explique no Parlamento a verdade sobre a venda de NGB

Esíxenlle a Feijóo que explique no Parlamento a verdade sobre a venda de NGB

Esíxenlle a Feijóo que explique no Parlamento a verdade sobre a venda de NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiu hoxe a Feijóo que explique no Parlamento galego “a verdade” sobre a venda do sistema financeiro galego “logo de ter enterrado miles de millóns de euros de diñeiro público. O responsable socialista preguntou hoxe no Pleno do Parlamento ao goberno galego sobre a venda repentina –catro anos antes do remate do prazo- e sen explicar de NGB co “silencio cómplice” de Feijóo.

 

Losada acusou ao goberno galego de auspiciar a desaparición do sistema financeiro galego logo de ter investido 9.000 millóns de euros do FROB no proceso de capitalización e outros 4.500 de beneficios fiscais no futuro.

 

O responsable socialista dixo que a virtual desaparición do goberno galego da a talla do fracaso da fusión de Caixagalicia e Caixanova, que foi utilizada por Feijóo “como exemplo dunha suposta exitosa xestión política”. Reclamou unha explicación “clara e convincente” que explique por qué a venda foi adiantada catro anos polo PP dende a Xunta, o Goberno central e o FROB.

 

Tamén esixiu que o goberno galego explique por qué malia ter invertido miles de millóns de diñeiro público, “o resultado vai ser que Galicia queda sen sistema financeiro, os galegos sen financiamento e ningún dos problemas relacionados coa economía real de Galicia solucionados.

 

Salientou que, lonxe do pretendido éxito que anuncia o goberno galego, a realidade do proceso é a perda dos empregos da entidade, o peche de oficinas, a exclusión financeira para os cidadáns do rural que fican sen oficinas bancarias no seu concello, o serio perigo para a viabilidade da obra social e o peche radical da billa do crédito para as familias e as empresas.

 

Losada advertiu que a secuencia da venda foi que, malia ter como límite 2017, o presidente de BBVA – Argentaria, o “amigo de Aznar” Francisco González, dixo que NGB e Caixa Cataluña “tiñan que ser vendidas canto antes”, para que, tres días despois, a axencia de rating Moody’s baixara dous escalóns a súa cualificación e o propio ministro Montoro considerara “imprescindible vender canto antes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar