Esíxenlle a Feijóo e Rajoy “transparencia e claridade” para xerar confianza sobre o futuro do sistema financeiro

Esíxenlle a Feijóo e Rajoy “transparencia e claridade” para xerar confianza sobre o futuro do sistema financeiro

Esíxenlle a Feijóo e Rajoy “transparencia e claridade” para xerar confianza sobre o futuro do sistema financeiro

Abel Losada sinala que os mercados “castigan a cerimonia da confusión” no proceso de solicitude de rescate e apunta que Feijóo debe “dar a cara” no Parlamento pola desaparición das caixas galegas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle a Feijóo e Rajoy “transparencia e claridade” como ferramentas imprescindibles para xerar confianza sobre o futuro do sistema financeiro. Apuntou que os mercados “castigan a cerimonia da confusión” no proceso de solicitude de rescate mentres Feijóo “busca infrutuosamente xustificacións externas”.

O responsable socialista sinalou que o proceso de rescate financeiro ao eurogrupo iniciado por Rajoy presenta “un déficit de información común a tódolos gobernos do PP” e considerou “imprescindible” que Feijóo e Rajoy “comparezan, dean a cara e deixen de refuxiarse en botar balóns fóra”. Dixo que “é un feito obxectivo que o proceso non está a ser recoñecido polos mercados” pola estratexia asumida polo PP.

Losada expuxo como condicións que “non pode acabar pagando o rescate quen non o provocou” e que “debe garantir o fluxo de crédito para as familias e as empresas, e polo tanto favorecer o crecemento económico”.

Lembrou que os socialistas esixen que o proceso de rescate sexa trasladado directamente aos bancos e non compute como débeda, o tipo de interese debe de ser tamén “o mais baixo posible” e non computar como déficit, e o prazo de devolución debe ser o mais prolongado posible, alargándose “mais de 15 anos”.

Comisión de Investigación

Losada dixo que, no que respecta a Galicia, “Feijóo e o PP teñen que dar a cara e deixar de buscar xustificacións externas, especialmente porque a transparencia é a base da confianza no sistema financeiro”. Sinalou que “están fondamente equivocados cando pensan que unha Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas galegas interfire no proceso de capitalización”.

Sinalou que “precisamente foi a mezcla de ideoloxía e opacidade o que nos levou a unha situación sen saída por si mesma”, e puntualizou que “Feijóo liderou un proceso opaco iniciado cunha auditoría –realizada por KPMG- invisible e con procesos e decisións de capitalización aos que só se apuntaba si consideraba que a foto lle beneficiaba”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar