Esíxenlle ao Xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e respecte ó Parlamento

Esíxenlle ao Xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e respecte ó Parlamento

Esíxenlle ao Xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e respecte ó Parlamento

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar os datos dos centros de día proxectados ou licitados polo Goberno de Feijoo nos núcleos de poboación superior a 1.500 habitantes. Alí esixiulle ao Xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e que respecte o Parlamento.

Sestayo lembrou que Feijoo prometeu durante a campaña electoral así como no contrato asinado con Galicia e que fixo publico nos medios de comunicación que “ía construír un centro de día en cada núcleo superior a 1.500 habitantes”, pero advirte “a día de hoxe esta promesa quedou incumprida”.

A deputada socialista asegura que na pasada lexislatura quedaron “20 centros de día feitos, pero a día de hoxe seguen pendentes de abrise”, replicou.

Tralo turno de replica Beatriz Sestayo reclamou ao Xerente do Consorcio que “deixe a súa obxección de conciencia informativa e que conteste as preguntas que se formulan dende a oposición, xa que por Lei teñen a obriga de responder”. Nese senso reclamou o amparo da Presidencia da Mesa da Comisión 5ª, co fin de que os representantes da Xunta contesten as preguntas que se plantexan en sede parlamentaria.

Neste punto envíolle unha mensaxe ao Xerente do Consorcio “deixe de emitir mitins políticos, senón quere vir ao Parlamento a comparecer faga o favor de irse ou dimitir”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar