Esixen unha organización profesional e eficiente do Igape

Esixen unha organización profesional e eficiente do Igape

Esixen unha organización profesional e eficiente do Igape

Méndez Romeu denuncia a falta de transparencia da Xunta, que incumpre o acordo unánime para informar á cámara sobre as irregularidades no Igape

O deputado socialista afirma que cos 113 millóns que non foi quen de xestionar en 2011, o Igape podería ter duplicado as axudas, levantado o téxtil da comarca de Ordes, axudado ao Naval ou avalar préstamos a empresar tractoras do país, como fan institutos semellantes doutras comunidades

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de defender no Pleno da Cámara galega unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno a implantar no Igape unha organización profesional e eficiente, restaurando a plena legalidade e adoptando unha política de persoal fundada no mérito e na capacidade.

O parlamentario socialista recriminou ao Executivo que, logo de tres meses, non cumprira co acordo unánime para que se remitira á Cámara os expedientes relativos ás subvencións outorgadas a 8 empresas e que provocaran un escándalo mediático. Documentación que debera vir acompañada do informe sobre as condutas irregulares dos seus directivos.

Solicitárase tamén información sobre os 18 millóns de euros contratados sen publicidade o deseño da rede exterior PEXGA, conveniada coa Confederación de empresarios. Quedamos sen saber “que gastos están agochados detrás desta subvención”, recrimina ao Goberno o deputado socialista.

Méndez Romeu afirma que, logo de tres meses, ese acordo unánime do Parlamento galego “é papel mollado” porque a Xunta non presentou aínda ningún dos informes requiridos.

Os socialistas reprochan tamén aos populares que o Igape segue a incumprir o acordo parlamentario para reducir as axudas menores de 6.000€. Méndez Romeu denuncia a falta de eficiencia do Igape respecto a outros institutos semellantes noutras comunidades autónomas.

A pesares de ter menos orzamento que en 2008, cando este organismo gastaba o 94% do orzamento, o Igape non foi quen de gastar máis ca o 30% do mesmo en 2001. “Primeiro, sucesión de escándalos e agora ineficiencia permanente”, denuncia o deputado socialista.

Méndez cifrou en 113 millóns de euros os cartos que non se executaron por parte do Igape. Uns fondos que, puxo de exemplo, “permitirían duplicar as axudas outorgadas en 2011 ou levantar o sector téxtil de Ordes e a súa comarca”. Valerían tamén para axudar ao naval, ou financiar con avais préstamos participativos ás empresas tractoras de Galicia. “No País Vasco destinan 400 millóns de euros”, explicou. Aquí, paralelamente se financia a outras empresas para deslocalizar a produción”, recriminou Méndez ao conselleiro de Industria.

“Compre impulsar máis transparencia no Igape”, afirma Méndez Romeu, porque mantén a mesma estrutura que en 2008 “para facer a cuarta parte”.

O socialista insistiu na necesidade de recuperar a actividade do Igape, que, contra o acordo votado no parlamento segue a centrar a súa actividade en axudas menores de 6.000€, fundamentalmente subvencións de xuros.

Ata ese momento, “seguiremos falando de falta de transparencia e escandalosa infeiciencia qeu pagan empresarios e traballadores”, dixo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar