Esixen unha nova Lei de Augas que adapte os prezos da auga á realidade socioeconómica de Galicia

Esixen unha nova Lei de Augas que adapte os prezos da auga á realidade socioeconómica de Galicia

Esixen unha nova Lei de Augas que adapte os prezos da auga á realidade socioeconómica de Galicia

Patricia Vilán critica o “afán recadatorio” co que a Xunta aplica a actual Lei de Augas aprobada polo PP en solitario en 2010, pero que non aplicaron ata que pasaron as eleccións autonómicas
 
Os socialistas recoñecen que a auga e un ben escaso polo que hai que pagar, pero sen o abuso desta lei de augas
 
Coa actual Lei de Augas o incremento para o abastecemento en vivendas de tres persoas é do 43%
 
Denuncia que Galicia non alcanzará  o obxectivo de acadar o bo estado ecolóxico das augas en 2015

 
A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, ven denunciar que a Consellería de Medio Ambiente está a aplicar unha suba artificial ata duplicar o prezo da auga “cun único afán recadatorio”. Isto é debido a aplicación, da Lei de Augas, elaborada pola Xunta e aprobada polo PP en solitario co voto en contra dos socialistas galegos na pasada lexislatura.
 
Patricia Vilán presentou unha moción propoñendo a aprobación dunha nova Lei de Augas para adaptar a lexislación galega ao mandato Directiva Marco da auga, respectar a autonomía local, recoller o papel das traídas veciñais no rural galego e adaptar os prezos da auga a realidade económico social de Galicia
 
Para o PSdeG-PSOE a vixente lei de augas é “a todas luces inxusta”. A través da mesma se establecen dous tributos, unha nova taxa, o coeficiente de vertedura, e un novo imposto, chamado canon da auga. Vilán reprochou aos populares que, aínda que a lei se aprobara en novembro de 2010, demoraran a súa aplicación ata pasadas as eleccións, en 2012, cunha “clara vontade de enganar aos cidadáns”.
 
Vilán denunciou un “incremento encuberto das tarifas da auga a costa desta lexislación” sobre todo en cidades como Pontevedra onde a EDAR (estación depuradora) é de titularidade municipal. Explica a deputada que o feito impoñible para a taxa de coeficiente de vertedura é a prestación do servizo de depuración en áreas urbanas efectuados pola administración hidráulica de Galicia.
 
Reprochou a ausencia na Cámara do titular de Medio Ambiente e do portavoz popular, Pedro Puy, ao que pide explicacións pola definición que fixo no propio parlamento deste canon como “un tributo medioambiental e fonte de traballo para o futuro”.
 
A Hernández recrimínalle que xa se cobrou de máis tamén no segundo recibo da auga. Nunha vivenda con cinco persoas 11,36€, e nunha vivenda con traída propia e catro persoas case tres euros en cada bimestre.
 
Vilán insistiu en que a Lei de Augas susténtase nunha presunción falaz, que é que en cada vivenda viven tres persoas. Cuestión que rexeitou en varias ocasións contestar o conselleiro. Ademais o procedemento para demostrar o contrario é tan complexo que non se usa. O fin é sempre o mesmo: “recadar máis”. As persoas ás que os populares que queren recadar mais son “as mesmas persoas que teñen que pagar as taxas xudiciais, ás que aplican o copago sanitario e os libros de texto ou as mesmas persoas estafadas polas preferentes”.  
 
Esta moción socialista, que rexeitaron os populares, insta a que respecte as competencias municipais. Os concellos recadan e xestionan e asumen a morosidade dos pagos. “Gratuitamente” explica Vilán.  Ata o momento, os municipios recadaron sobre 23000€ nun bimestre. Pregúntase a deputada socialista se van ser reinvertidos en obras hidráulicas para os concellos.
 
O anuncio dos populares dunha futura reforma da lei sorprendeu á deputada socialista, así como a chamada a un Pacto Local pola Auga. Pero tamén espertou a súa desconfianza, porque “se o acordo é como o de onte, para o dique flotante de Ferrol, temos como mínimo que botarnos un paso atrás”. “A auga é un ben escaso, hai que pagar por el”, recoñece a socialista, “pero sen abuso, como fai esta Lei de Augas”.
 
O Conselleiro de Medio Ambiente definiu a lei en vigor como unha “lei intelixente”, que vai permitir que cumpramos co obxectivo de acadar o bo estado ecolóxico das augas en 2015. Quixera saber Vilán se esta foi a explicación que ofreceu aos comisarios europeos que viñeron a Galicia e manifestaron que o saneamento en Galicia non está listo nas cidades de menos de 15.000 habitantes, que en Ferrol, coa marea baixa se ven os desaugadoiros que verten á ría, que na Coruña hai problemas de lodos. Pero en realidade non recibiron ningunha explicación por parte da Xunta, que ven recibindo fondos europeos desde 1986.
 
A delegación de comisarios europeos veu a Galicia polas denuncias que se veñen facendo desde o ano 2010. E “menos mal” que non viñeron a Pontevedra, a ver a situación de ENCE e do emisario submarino que desemboca na illa de Tambo.
 
Para Vilán quedan vulneradas as liñas fundamentais da lei. A Ambiental, coas conclusións dos comisarios europeos “é difícil de entender”, igual pasa coa social, cando se incrementa o recibo doméstico de abastecemento en máis dun 43% e para depuración máis dun 32%. Pero o que si se sigue a liña económica, “a que máis lles gusta aos populares”, dixo Vilán, que acusou á Xunta de aplicar unha recadación abusiva en tempos de crise. 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar