Esixen unha comisión de seguimento das preferentes e subordinadas na que participen os afectados e explique o perfil para acceder á arbitraxe

Esixen unha comisión de seguimento das preferentes e subordinadas na que participen os afectados e explique o perfil para acceder á arbitraxe

Esixen unha comisión de seguimento das preferentes e subordinadas na que participen os afectados e explique o perfil para acceder á arbitraxe

O Grupo Socialista recibiu aos representantes de todas as asociacións de afectados por preferentes e subordinadas para debater sobre a posible extrapolación do acordo PP-PSOE para Bankia

Carmen Gallego afirma que a arbitraxe ten graves carencias e se descoñecen os criterios do perfil de acceso

O Grupo Parlamentario Socialista de manter unha reunión de traballo con representantes de todas as asociacións de afectados polas preferentes e subordinadas para abordar as posibles aplicacións en Galicia do acordo acadado entre o PP e o PSOE no caso de Bankia.

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, informou que a durante a xuntanza se estiveron a avaliar qué medidas dese acordo se poden extrapolar para a súa aplicación en Galicia.

Gallego recordou que na Comunidade autónoma está en marcha, desde o pasado mes de xuño de 2012, unha arbitraxe que “ ten graves carencias”, entre as que salientou a ralentización que sofre desde que pasaron as eleccións autonómicas. Tampouco se coñece, por parte dos afectados, os perfiles sometidos á arbitraxe e cales non.

As conclusións da reunión de traballo de hoxe, que Gallego se comprometeu a trasladar aos demais grupos, foi a de “tirarlle todo o proveito posible ó acordo acadado para Bankia e impulsar unha comisión de seguimento, na que deben ter representación as persoas afectadas e o Instituto Galego de Consumo co obxecto de que se axilice a arbitraxe, e se dea a coñecer o número de persoas afectadas sometidas á arbitraxe e cal é o perfil que pode someterse ao mesmo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar