Esixen unha arbitraxe xeneralizada e a devolución íntegra dos aforros aos estafados polas preferentes

Esixen unha arbitraxe xeneralizada e a devolución íntegra dos aforros aos estafados polas preferentes

Esixen unha arbitraxe xeneralizada e a devolución íntegra dos aforros aos estafados polas preferentes

Parlamentarios, alcaldes, portavoces e cargos orgánicos do PSdeG-PSOE acompañaron aos afectados pola estafa das preferentes na manifestación que discorreu hoxe polas rúas de Compostela

Abel Losada esixiu que a arbitraxe, que o PP usou como arma electoral, se estenda no tempo, desenvolvéndose nun contexto de transparencia, xustiza e racionalidade

Unha nutrida representación de cargos institucionais e orgánicos do PSdeG-PSOE acudiron á manifestación convocada en Santiago polas plataformas de afectados polas preferentes de toda Galicia manifestando así o seu apoio “a estes aforradores estafados e esixindo a total devolución dos seus aforros”, como dixo o Portavoz do Grupo Parlamentario, Abel Losada, que asistiu acompañado do Secretario de Organización, Pablo García, a viceportavoz, Carmen Gallego, e os parlamentarios José Luís Méndez, Francisco Caamaño, Marisol Soneira e Xosé A. Sánchez Bugallo e Miguel Cortizo, deputado no Congreso.

Os socialistas entenden que a arbitraxe, “que foi unha arma electoral durante a campaña”, ten que estenderse no tempo coma mesma intensidade e desenvolverse nun “contexto de xustiza e de racionalidade”, comentou Losada, engadindo que “é imprescindible que sexa transparente e que as persoas estafadas sintan o apoio das institucións políticas”.

Nun momento de graves dificultades económicas, esta estafa, “este roubo” é especialmente gravoso para as persoas que sofren o problemas derivados do desemprego e das dificultades da vida diaria, polo tanto, os socialistas reclaman a “devolución íntegra dos seus aforros”.

Os socialistas de Galicia, insiste Abel Losada, “pedimos unha arbitraxe xeneralizada e obxectiva”. O portavoz socialista anunciou unha xuntanza do seu partido cos afectados polas preferentes na semana entrante “para abordar este problema”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar