Esixen un compromiso da Xunta para evitar por lei os desafiuzamentos por execucións hipotecarias

Esixen un compromiso da Xunta para evitar por lei os desafiuzamentos por execucións hipotecarias

Esixen un compromiso da Xunta para evitar por lei os desafiuzamentos por execucións hipotecarias

María José Caride lamenta que o PP respalde a proposta do Goberno central de deixar a resolución do problema “en mans da boa vontade das entidades financeiras” ao rexeitar unha proposta socialista en Comisión parlamentaria

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, esixiu un compromiso do Goberno galego para evitar os desafiuzamentos por execucións orzamentarias. Caride presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Economía do Parlamento para garantir o mantemento da vivenda ás vítimas da crise económica, que foi rexeitado polo PP.

Acusou ao PP de ter “rexeitado unha solución para as persoas que chegan a unha situación de falla de recursos para facer fronte aos pagos”. Acusou ao PP de ter reparos para modificar as condicións legais das hipotecas mentres “non teñen ningún inconvinte en cambiar as regras de xogo do mercado laboral, da sanidade e da educación, pero si á hora de cambiar a situación das caixas”.

A responsable socialista reclamoulle hoxe á Xunta que lle pida ao Goberno de España un cambio lexislativo para que as persoas hipotecadas manteñan a súa vivenda cando queden sen patrimonio e ingresos para pagar debido ás circunstancias económicas. Esixiu así que esta medida non supoña o encarecemento do crédito e que garanta “un reparto máis equilibrado dos efectos da crise entre o debedor e o acredor”.

Caride sinalou que o Goberno galego debe instar ao Goberno de España “a necesidade de resolver os problemas dos afectados por execucións hipotecarias e desafiuzamento, promovendo iniciativas imperativas e universais”. Instou a evitar que a resolución dependa da “boa vontade” das entidades financeiras e só para un colectivo moi reducido de afectados, tal e como ven de propoñer o executivo de Rajoy.

A parlamentaria socialista reclama medidas “para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna, impulsando a construción de vivenda protexida, axudando á rehabilitación e establecendo un seguro de pagos protexidos para a compra de primeira vivenda residencia habitual”. Solicita así un aval de 24 meses da incapacidade de atender ás cotas hipotecarias por risco de desemprego.

Caride sinala que a crise económica está a provocar “un verdadeiro drama social” nas familias que, logo de perder o emprego ou de ver reducidos os seus ingresos, teñen que enfrontarse a unha execución hipotecaria que “pode deixar ás familias na rúa con importantes débedas”.

Reclama así unha “solución política” a esta “grave situación social” por canto o acceso a unha vivenda digna é un dereito recoñecido na Constitución. Sinala que o goberno debe ofrecer alternativas “diferentes ao desafiuzamento” para quen non poida facer fronte ao pago da hipoteca e que sempre “lle permitan manter a residencia na súa vivenda”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar