Esixen transparencia a Benestar nos procesos de adopción e acollemento e que aclare os casos que investiga a xustiza

Esixen transparencia a Benestar nos procesos de adopción e acollemento e que aclare os casos que investiga a xustiza

Esixen transparencia a Benestar nos procesos de adopción e acollemento e que aclare os casos que investiga a xustiza

Carmen Gallego demanda explicacións sobre os procesos de adopción e acollemento, ante a alerta que estes casos provocaron entre as familias candidatas

A portavoz de Políticas Sociais do GP Socialista insistiu na necesidade de explicacións polos motivos que a fiscalía non deixou personar á Xunta, logo de que se tiveran rexistrado e incautado documentación nas dependencias do Goberno galego e nunha institución relixiosa

A responsable da consellería non respondeu si se fixera unha investigación interna e limitouse a dicir que se revisaran os expedientes

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, preguntou en Comisión sobre os procedementos de adopción e acollemento en Galicia e o papel e o papel da Consellería de Traballo e Servizos Sociais durante todo o proceso.

A deputada manifestou a preocupación dos socialistas galegos pola publicación de varios “episodios pouco claros” de adopción e a súa tramitación en Galicia. Gallego Calvar teme que se produza alarma entre os pais candidatos á adopción e o acollemento, especialmente polos casos de Lugo investigados inicialmente pola xuíz Estela San José, onde a fiscalía non deixou persoarse no caso á Consellería de Traballo e se procedeu, durante a investigación, ao rexistro de dependencias do Goberno galego e dunha orde relixiosa.

A parlamentaria socialista insistiu ante a Directora Xeral de Familia e Inclusión na necesidade de “clarificar ante a opinión pública” todos aqueles aspectos sobre a adopción en xeral e sobre os casos investigados en particular.

Recriminou a María Amparo González Méndez que non explicara na súa intervención tanto os motivos polos que non se persoaron xudicialmente nos casos investigados en Lugo como si se realizou algún tipo de investigación interna, pois limitouse a indicar que o procedemento depende da delegación territorial e a dicir que se tiñan revisado os expedientes.

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista deixou claro que o interese da súa pregunta centrábase en satisfacer a inquedanza que lle teñen trasladado ao PSdeG as familias interesadas tanto na adopción como no caso do acollemento. Demandou “transparencia” para evitar a “inquedanza” ou ben para que “no caso de ter que preocuparse se saiba que o Goberno está a actuar para evitar estes casos”.

Ao mesmo tempo Gallego esixiu datos sobre o acollemento en entornos familiares, que ten demostrado que favorece unha mellor integración respecto ós ingresos en institucións públicas ou privadas. A deputada socialista denunciou unha relación entre os casos de adopcións investigadas e unha “ralentización no acollemento”, do que pediu tamén explicacións á responsable da Administración autonómica comparecente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar